Francisco Conde destaca a faceta empresarial das cooperativas agroalimentarias na visita ao Complexo Industrial de Delagro S. Coop en As Pontes

Agaca
Por Agaca Agosto 22, 2016 11:38

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Francisco Conde destaca a faceta empresarial das cooperativas agroalimentarias na visita ao Complexo Industrial de Delagro S. Coop en As Pontes

NOTA DE PRENSA: DELAGRO

 

  • O presidente da cooperativa de segundo grao Delagro, Javier Taboada, amosou as instalacións ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, na súa primeira visita a unha das maiores plantas de produción e distribución de fertilizantes do noroeste de España, que dá servizo a cooperativas e explotacións de Asturias, Cantabria e Galicia.
  • Inaugurada oficialmente en marzo de 2015, supuxo un investimento aproximado de 5,8 millóns de euros e conta cunha capacidade produtiva superior ás 50.000 toneladas.
  • Xerou 16 postos de traballo directos que se incrementan, durante a campaña, en cinco ou seis persoas. De forma indirecta xera arredor de outros 40 empregos.

As pontes 17-08-2016.- O conselleiro de Economía, Educación e Emprego, Francisco Conde visitou esta mañá as instalacións do Complexo Industrial Multidisciplinar que a cooperativa de segundo grao, Delagro, posee no Polígono empresarial de As Pontes (A Coruña). Acompañáronlle o presidente da entidade anfitriona, Javier Taboada, directivos de distintas cooperativas socias da entidade e o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso.

A actividade no Complexo comeza gradualmente en 2014, coa posta a punto e realización dos axustes necesarios ata lograr a consolidación do mesmo, xa en 2015, ano en que se inaugurou oficialmente. O conselleiro puido coñecer a envergadura desta iniciativa que conseguiu facer realidade unha antiga aspiración das cooperativas: fabricar os seus propios fertilizantes. O Complexo dá servizo a cooperativas e explotacións de Asturias, Cantabria e Galicia, aínda que, como avanzou o presidente de Delagro, Javier Taboada, están a manterse relacións co País Vasco e Portugal. Delagro aglutina en total, 64 cooperativas con máis de 27.000 asociados das tres comunidades autónomas. O pasado exercicio superou os 168 millóns de facturación.

Taboada agradeceu, en nome das cooperativas agroalimentarias implicadas, o apoio recibido no seu día tanto pola Xunta de Galicia como polo Concello das Pontes.

Conde, pola súa banda, destacou a incidencia das cooperativas na evolución da actividade empresarial, económica e social das distintas zonas onde se asentan, converténdose, a cooperativa, nun dos principais motores de desenvolvemento local.

Insistiu tamén, na importancia de que as cooperativas aposten por dimensionarse e invistan en proxectos innovadores co fin de gañar en competitividade e en mercado, presentando a Delagro, como exemplo de éxito de empresa cooperativa: “Este é o camiño a seguir, dende o punto de vista do tecido industrial de Galicia; o exemplo de que a unión de esforzos e o tamaño conseguido, permiten gañar en competitividade e posicionamento no mercado”. Remarcou o papel das cooperativas que, a pesar do adverso contexto económico demostraron ser unha fórmula viable, xeradora de emprego.

Agaca
Por Agaca Agosto 22, 2016 11:38
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*