Formadores europeos traballan para mellorar o ensino dixital en cooperativas

Agaca
Por Agaca Marzo 11, 2020 10:10
  • Sete organizacións europeas estudan en Santiago como mellorar a formación do cadro directivo das cooperativas agroalimentarias mediante as novas tecnoloxías co proxecto ToTCOOP+ iTech.
  • Dende o luns ata o venres reúnense nun programa de formación de formadores no que participa a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

20200309_ToTCOOPiTech-grupo

O luns comezou en Santiago de Compostela un programa europeo de formación de formadores enfocado a buscar novas metodoloxías e ferramentas dixitais aplicables no ensino para responsables de formar a directivos de cooperativas agroalimentarias e a persoas que aspiren a entrar nos seus consellos reitores. AGACA é unha das entidades que, dende España, toma parte no programa.

A iniciativa enmárcase no proxecto europeo ToTCOOP+ iTech, que busca fortalecer e adaptar á era dixital as capacidades e metodoloxías das persoas que se dedican á formación dentro das cooperativas agroalimentarias e as organizacións que ofrecen formación e consultoría a estas entidades.

Deste xeito, preténdese non só mellorar a profesionalización da cúpula das cooperativas e, con iso, a súa rendibilidade, senón tamén atraer participación de persoas mozas en postos de decisión: “A mocidade séntese máis atraída cara á formación se pode usar o que usa diariamente, coma os dispositivos e tecnoloxías dixitais”, afirmou Ruth Rodríguez, técnico de AGACA.

Entre os obxectivos finais de ToTCOOP+i Tech atópanse o desenvolvemento dunha aplicación e unha plataforma online de formación, así como de metodoloxías formativas innovadoras baseadas en contido audiovisual ou xogos serios.

ToTCOOP+iTech

totcoopi_Tech-estamos_en

ToTCOOP+ iTech é a continuación do proxecto ToTCOOP+i para fortalecer as capacidades dos cadros directivos no que respecta a Administración de Negocios, Dirección e Cultura Cooperativa.

O proxecto está co-financiado polo programa Erasmus+ da Comisión Europea.O consorcio que desenvolve o proxecto ToTCOOP+ iTech está formado por 7 organizacións de 6 países: dende España participan AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e MedAtlantia, dende Irlanda e liderando o proxecto participa ICOS (Sociedade Irlandesa de Organizacións Cooperativas), dende Letonia LLKC (Centro Letón de Asesoramento e Formación rural), dende Polonia SNRSS (Asociación de Cooperativas Sociais), dende Italia GrifomultimediaS. n. L., e dende Suecia Changemaker AB.

11/03/2020

Agaca
Por Agaca Marzo 11, 2020 10:10
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*