ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

Os certificados de profesionalidade, regulados polo Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, son un instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais do Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionais no ámbito da administración laboral.

Acreditan o conxunto de competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral identificable no sistema produtivo sen que iso constitúa regulación do exercicio profesional.

Teñen carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Son expedidos polo SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) e as Comunidades Autónomas.

Posuír un certificado de profesionalidade completa un currículo profesional; ao ser un documento oficial que pode ser valorado en calquera proceso de selección convocado polas Administracións Públicas ou a empresa privada. Para o

traballador/a que non ten outra titulación pero si coñecementos e experiencia profesional, pode abrirlle a porta do mercado laboral.

Os certificados de profesionalidade constan de tres niveis de cualificación profesional, sendo 1 o máis básico e 3 o máis complexo.

AMBOS


Curso gratuíto para a obtención do CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE (nivel 2) en ACTIVIDADES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA (2019)

Datas: 14 xaneiro 2019 a 18 setembro 2019 – Horario: 09:00 a 14:30 horas (luns a venres)

Duración: 898 horas – incluúe 80 horas de prácticas profesionais non laborais

Lugar de impartición: Telecentro de Melide. Rúa Codeseira, nº 38 -40.

Requisitos de acceso:

  • Estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego Estatal.
  • Estar en posesión do Graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO)
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 1 da mesma familia e área profesional
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos
  • Ter certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2

Inscrición: La inscripción en el curso debe realizarse en la Oficina de Empelo de Melide; las personas inscritas en las Oficinas de Empleo de otras localidades pueden solicitar la tramitación de la matrícula en el curso a través de su Oficina de Empleo. Los/as candidatos/as serán notificados por correo postal certificado sobre la fecha y lugar donde tendrá lugar la prueba de acceso al curso.

También puedes llamarnos para informarte al 981 58 47 83.

Ocupacións / postos de traballo relacionados:

  • Empregados/as administrativo de contabilidade en xeral
  • Auxiliar administrativo de cobros e pagos
  • Auxiliar administrativo de contabilidade
  • Auxiliar administrativo de facturación
  • Empregados/as administrativos comerciais en xeral
  • Auxiliar administrativo comercial
  • Auxiliar de apoio administrativo de compra e venda
  • Empregados/as administrativo de persoal
  • Auxiliar administrativo do departamento de Recursos Humanos
  • Empregados/as administrativos en xeral
  • Empregados administrativos de atención o público
  • Auxiliar administrativo Admon. pública

Contidos:

  • (Transversal) Operacións administrativas comerciais
  • Atención ao cliente no proceso comercial (40 horas)
  • Xestión administrativa do proceso comercial (80 horas)
  • Aplicacións informáticas da xestión comercial (40 horas)
  • (Transversal) Xestión operativa de tesourería. (90 horas)
  • (Transversal) Xestión auxiliar de persoal. (90 horas)
  • Rexistros contables
  • Plan Xeral de Contabilidade. (90 horas)
  • Aplicaciones informáticas de contabilidade. (30 horas)
  • (Transversal) Grabación de datos. (90 horas)
  • (Transversal) Xestión de arquivos. (60 horas)
  • (Transversal) Ofimática.
  • Sistema operativo, busca da información: Internet/Intranet e correo electrónico. (30 horas)
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. (30 horas)
  • Aplicacións informáticas de folla de cálculo. (50 horas)
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. (50 horas)
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. (30 horas)
  • Módulo de prácticas profesionais no laborais de Actividades de Xestión administrativa. (80 horas)
  • Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdad de xénero (10 horas)
  • Formación para a Igualdade (8 horas)

Consulta/descarga ficha informativa (PDF)

Consulta/descarga Dereitos e deberes do alumnado (PDF)

Consulta/descarga a Planificación temporal dos módulos de “ACTIVIDADES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA” Curso Nº 1433, CÓDIGO ESPECIALIDADE ADGD030 (PDF)

OUTROS

Curso gratuíto para a obtención do CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE en DINAMIZACIÓN COMUNITARIA: NIVEL 3 – cancelado

Data: CANCELADO

Duración: 628 horas.

Requisitos de acceso:

  • Estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego Estatal.
  • Estar en posesión do título de bacharelato *
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos *
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 2 da mesma familia e área profesional *
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior *
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos *
  • Ter certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 3 *

* Nestes casos basta cumprir un deles.

Inscrición: A inscrición no curso debe realizarse na Oficina de Emprego de Melide; as persoas inscritas nas Oficinas de Emprego doutras localidades poden solicitar a tramitación da matrícula no curso a través da súa Oficina de Emprego.

Os/As candidatos/as recibirán notificación por correo postal certificado sobre a data e lugar no que terá lugar a proba de acceso ao curso. Ou chamar ao 981 58 47 83.

Lugar de impartición: Melide.

ATENCIÓN!: DOCENTES

O Certificado de Profesionalidade – Nivel 3 – en Dinamización Comunitaria comezará na localidade de Melide, cunha duración de 628 horas.

Se es docente e estás interesado en traballar con nós na impartición deste curso, ponte en contacto con departamento de Formación no 981 58 47 83.