Formación

A formación é esencial para o desempeño efectivo de calquera traballo. En AGACA contamos cun cadro docente cualificado nas áreas de coñecemento fundamentais para os traballadores especializados no sector agroalimentario.

O departamento de Formación acumula anos de experiencia na xestión, coordinación e impartición de actividades dirixidas ao desenvolvemento integral do medio rural a través da instrución teórica e práctica dos profesionais que o conforman, en particular das persoas asociadas a cooperativas.

Formación

  • 📋Ampla oferta formativa especializada
  • 📋Cursos presenciais, a distancia e teleformación
  • 📋Flexibilidade horaria, para adaptarse ás necesidades das cooperativas
  • 📋Iniciación á empresa cooperativa
  • 📋Xornadas sectoriais; PAC etc.
  • 📋Todos os niveis formativos
  • 📋Aplicación inmediata dos coñecementos adquiridos á actividade laboral
  • 📋Cursos técnicos homologados
  • 📋Actitude emprendedora, dinámica e optimista

ATENCIÓN!: DOCENTES

wb_fitosanitarios

O Certificado de Profesionalidade – Nivel 3 – en Dinamización Comunitaria comezará a partir de outubro, na localidade de Melide, cunha duración de 628 horas.

Se es docente e estás interesado en traballar con nós na impartición deste curso, ponte en contacto con departamento de Formación no 981 58 47 83.

CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

Os certificados de profesionalidade, regulados polo Real Decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, son un instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais do Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionais no ámbito da administración laboral.

Acreditan o conxunto de competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral identificable no sistema produtivo sen que iso constitúa regulación do exercicio profesional.

Teñen carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Son expedidos polo SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) e as Comunidades Autónomas.

Posuír un certificado de profesionalidade completa un currículo profesional; ao ser un documento oficial que pode ser valorado en calquera proceso de selección convocado polas Administracións Públicas ou a empresa privada. Para o traballador/a que non ten outra titulación pero si coñecementos e experiencia profesional, pode abrirlle a porta do mercado laboral.

Os certificados de profesionalidade constan de tres niveis de cualificación profesional, sendo 1 o máis básico e 3 o máis complexo.

DINAMIZACIÓN COMUNITARIA - CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE: NIVEL 3 (2017 - 2018)

Curso gratuíto para a obtención do Certificado de Profesionalidade (nivel 3) en Dinamización Comunitaria (2017).

Data: A partir de outubro 2017.

Duración: 628 horas.

Requisitos de acceso:

  • Estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego Estatal.
  • Estar en posesión do título de bacharelato *
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos *
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 2 da mesma familia e área profesional *
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior *
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos *
  • Ter certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 3 *

* Nestes casos basta cumprir un deles.
 
Inscrición: A inscrición no curso debe realizarse na Oficina de Emprego de Melide; as persoas inscritas nas Oficinas de Emprego doutras localidades poden solicitar a tramitación da matrícula no curso a través da súa Oficina de Emprego. Os/As candidatos/as recibirán notificación por correo postal certificado sobre a data e lugar no que terá lugar a proba de acceso ao curso.

Lugar de impartición: Melide.

ACTIVIDADES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA - CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE: NIVEL 2 (2016)

Curso gratuíto para a obtención do Certificado de Profesionalidade (nivel 2) en Actividades de Xestión Administrativa (2016)

Datas: 27/06/2016 – 15/12/2016 (898 Horas – inclúe 80 horas de prácticas profesionais non laborais)

Requisitos de acceso:

  • Estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego Estatal.
  • Estar en posesión do Graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO)
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 1 da mesma familia e área profesional
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos
  • Ter certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2

Inscrición: A inscrición no curso debe realizarse na Oficina de Emprego de Melide; as persoas inscritas nas Oficinas de Emprego doutras localidades poden solicitar a tramitación da matrícula no curso a través da súa Oficina de Emprego. Os/As candidatos/as recibirán notificación por correo postal certificado sobre a data e lugar no que terá lugar a proba de acceso ao curso.

Lugar de impartición: Telecentro de Melide. Rúa Codeseira, nº 38-40.

FITOSANITARIOS

FITOSANITARIOS

wb_fitosanitarios

O Real Decreto 1311/2012 establece a obrigatoriedade de contar cun carné que acredite que se conta cos coñecementos necesarios para adquirir e traballar adecuadamente con produtos fitosanitarios.

AGACA imparte cursos de nivel básico e cursos cualificados, homologados pola Consellería do Medio Rural, para poder obter a acreditación de Aplicador /Manipulador de Produtos Fitosanitarios, con plans de estudos que inclúen todos os módulos, prácticos e teóricos necesarios.

Adaptámonos ás necesidades de cada cooperativa en canto a horario e lugar de impartición.