Formación sobre tendencias de consumo de produtos locais globais no marco do programa AGROSMARTcoop

Agaca
Por Agaca Novembro 16, 2017 12:19

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Diego Pérez, director de compras de frescos de GADISA, impartiu hoxe una das cápsulas formativas do plan de formación do programa europeo AGROSMARTcoop.

20171116_capsula_formacion_nova_WEB_tendencias_mercadoRepresentantes de varias cooperativas galegas do sector de horta participaron esta mañá nunha xornada formativa enmarcada no programa AGROSMARTcoop.

A cápsula formativa, explicada por Diego Pérez, director de compras de frescos da empresa de distribución GADISA, leva por título “Tendencias de consumo. Produto local vs. Produto global” e analiza as grandes tendencias de mercado nos produtos agroalimentarios e estuda a diferenciación dos produtos das cooperativas.

Os participantes puideron intervir con preguntas e expoñendo as súas experiencias para aprender como se aplica o tema tratado ao seu sector.

Proxecto AGROSMARTcoop

AGROSMARTcoop é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa Interreg Sudoe 2014- 2020 dentro do eixo prioritario de fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes do Suroeste europeo, cuxo obxectivo principal é crear un espazo de promoción, interconexión e interacción intelixente, dotando de estruturas, ferramentas e servizos avanzados de apoio ás cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE para mellorar na innovación tecnolóxica, de xestión e de comercialización a través do fomento do coñecemento, as boas prácticas e a intercooperación.

O proxecto está cofinanciado, nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a UE, con cargo ao Programa de Cooperación Interreg V-B Europa Suroccidental (Interreg Sudoe 2014 – 2020), e dispón dun presuposto total de 1.295.000,00 euros (axuda FEDER: 971.250,00 euros)”.

Durante dous anos, ata o 30 de xuño de 2018, oito entidades beneficiarias de seis rexións europeas dedicarán esforzos a precisar sinerxías e potencialidades. O consorcio internacional está conformado por Cooperativas Agro­alimentarias Castilla-la Mancha, CACLM; Federación de Cooperativas Agro- Alimentarias de Euskadi, FCAE; Centro de Investigaciones Científicas y Tecnológicas de Estremadura, CICYTEX-Junta de Extremadura; Association des Régions Européennes des Produits d’Origine, AREPO (Francia); Coop de France Nouvelle Aquitaine, CDF (Francia); União Cooperativa Polivalente dá Região Norte, UniNorte (Portugal); Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro, UTAD (Portugal) e AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias), encargada de liderar o proxecto. Con todo, a esta reunión tamén asisten, como participantes invitados, representantes de diversas cooperativas que poden verse beneficiadas polo proxecto.

 

«O apoio da Unión Europea para a produción desta publicación non constitúe un respaldo do contido,
que é responsabilidade exclusiva do autor, e a Comisión non se fai responsable do que poida facerse da
información contida nela.»

16/11/2017

Agaca
Por Agaca Novembro 16, 2017 12:19
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*