Formación sobre envellecemento activo e atención a maiores en Paco & Lola

Agaca
Por Agaca Maio 31, 2018 10:50

ACTIVIDADES

Xuño 2018

REVISTA AGACA

  • portada

    Cooperación Galega Nº 137 Marzo 2018

    Editorial- O Plan forestal de Galicia a debate
    A Fondo- Cooperativas galegas apostan polas gasolineiras automáticas
    Caderno Técnico- Escolma do borrador da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” desenvolveron onte a xornada
    Coidar, coidarte” na Bodega Paco & Lola (Meaño).
  • Expuxéronse modos de mellorar a atención que se proporciona ás persoas maiores no fogar.

20180530_coidar_paco-lola_Ruth_RodriguezUn grupo de persoas socias da cooperativa Bodega Paco & Lola asistiron onte á tarde a unha das xornadas do programa “Coidar, coidarte”, impulsado por AGACA e Obra Social “la Caixa”.

Ruth Rodríguez, técnica de AGACA, expuxo a situación das persoas maiores no medio rural e o papel das cooperativas na mellora da súa calidade de vida así como a das persoas encargadas da súa atención, a cargo da. Segundo datos compilados pola entidade, a porcentaxe de cooperativistas que supera os 55 anos oscila entre o 20 e o 40%, dependendo do sector.

A continuación, Silvia Fondo e Marisol Suárez, profesionais en atención a persoas maiores e con dependencia mostraron modos de mitigar o deterioro asociado ao envellecemento, a nivel físico, psicolóxico e social, para que tanto as persoas maiores como as encargadas da súa atención gocen dun maior benestar no día a día.

Ademais, demostráronse técnicas para mover e desprazar correctamente a persoas que precisan asistencia para iso.

Compromiso social

“Coidar, coidarte” forma parte dun plan conxunto entre AGACA e Obra Social “la Caixa” iniciado em 2015. Dende entón, téñense celebrado 18 xornada de “Coidar, coidarte”, con arredor de 390 participantes.

Outras iniciativas do Plan inclúen xornadas sobre empoderamento da muller cooperativista, incorporación de persoas mozas á actividade profesional no medio rural e fomento da alimentación sa entre escolares.

 

31/05/2018

Agaca
Por Agaca Maio 31, 2018 10:50
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*