Feiraco e Condes de Albarei, anfitrións de Rede Eusumo para divulgar cooperativismo entre estudantes

Agaca
Por Agaca Abril 11, 2018 15:39

ACTIVIDADES

Setembro 2018

REVISTA AGACA

  • !·9 Cooperación Galega

    Cooperación Galega Nº 139 Agosto 2018

    Editorial- A reforma da Política Agraria Común
    A Fondo- CEPES. Mellorar o agro formando á xuventude
    Caderno Técnico- Recomendacións para cumprir coa Condicionalidade en medioambiente, cambio climático e boas condicións agrícolas da terra

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta mañá estudantes do CEIP de Teixeiro (Curtis) participaron nunha xornada didáctica sobre cooperativismo na Fundación Feiraco, situada en Ames, e estudantes do IES Terra de Turonio (Gondomar) fixeron o mesmo en Condes de Albarei, situado en Cambados.
  • As actividades forman parte da Rede Eusumo, para impulsar o cooperativismo e a economía social. .

20180411_eusumo_terra-turonio-Condes20180411_eusumo_ceip_Teixeiro_Feiraco

Técnicos de AGACA impartiron esta mañá dúas charlas a sobre as características da economía social. Unha actividade tivo lugar na coperativa láctea Feiraco ( Clun) agora en Ames, para 36 estudantes de cuarto, quinto e sexto de Primaria do colexio de Teixeiro. Outra actividade dirixiuse a uns 40 estudantes de Secundaria e Formación Profesional do instituto Terra de Turonio (Gondomar) e acolleuna os cooperativa Condes de Albarei.

Destacáronse, como calidades das cooperativas, a toma democrática de decisións e a distribución equitativa de beneficios, ademais da súa adaptabilidade a todo tipo de sectores produtivos e de servizos.

Os escolares de Curtis, que visitaron a cooperativa láctea, puideron, ademais, coñecer de primeira man o proceso de transformación do leite. O alumnado do Terra de Turonio, pola súa banda, visitou os viñedos e instalacións de Condes de Albarei e Pazo Baión para aprender sobre viticultura.

Rede Eusumo

Estas actividades enmárcanse no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

 

11/04/2018

Agaca
Por Agaca Abril 11, 2018 15:39
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*