Expertos en protección de datos e ciberseguridade impartiron formación en AGACA para entidades de Economía Social

Agaca
Por Agaca Setembro 24, 2019 15:23

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • José Manuel Sendín, avogado especializado en novas tecnoloxías e Rafael Villaverde, CEO de Infonet impartiron un taller de dúas horas esta mañá orientado a entidades que operan baixo o modelo da economía social.
  • AGACA organizou o encontro no marco Foro pola Economía Social Galega e da Rede Eusumo, dos que forma parte.

20190924_Rafael_seguridade_informatica (1)A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA vén de rematar un Economía Social Meeting sobre seguridade dixital. Asistiron integrantes de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción.

José Manuel Sendín, avogado do bufete Sistemius, especializado en novas tecnoloxías, explicou a normativa asociada con protección de datos e as posibles consecuencias para as empresas, de non estar ao tanto, algo esencial xa que toda empresa está obrigada a cumprir as normas nesta materia.

Tamén aclarou as diferenzas entre as figuras de Responsable e de Encargado do tratamento dos datos nas empresas segundo o último Regulamento (RGPD), en vigor dende maio de 2018 e que a día de hoxe aínda non adaptaron axeitadamente un número importante de empresas insistindo en que “canto máis proactivos e responsables sexamos, máis seguros estaremos”.

Por outro lado, Rafael Villaverde, CEO de Infonet (empresa de soporte técnico e seguridade) falou sobre boas prácticas sobre seguridade informática e incluso compartiu algunha recomendación como que os contrasinais teñan, polo menos, 13 caracteres para que resulten máis complicadas de descifrar.

Rede Eusumo                                   

Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

24/09/2019

Agaca
Por Agaca Setembro 24, 2019 15:23
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*