Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

AGACA Facebook AGACA Twitter AGACA Youtube Queixas e suxerencias ...

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
20190627_Eusumo_bolseiros_WEb-slider

— Obradoiro “Formación de titora xerenciais en empresas da economía social” – Santiago

20190627_Eusumo_bolseiros-web
O obradoiro gratuíto <em>”</em> <em>Formación de titoras xerenciais en empresas da economía social”, </em>que comeza o 15 de xullo en Santiago de Compostela, ten por obxectivos familiarizar a persoas con formación en xestión empresarial co modelo cooperativo e outras empresas de economía social.

As vinte horas formativas enfócase en sentar as bases dunha axeitada función xerencial nesas entidades, amosando dende a práctica as condicións necesarias para a xestión da economía social. Ademais, o obradoiro contribúe a dar valor e visibilidade a dito modelo económico e aos recursos e ferramentas dispoñibles para as persoas socias e equipos técnicos que traballan en entidades de economía social.

A sesión inicial, o 15 de xullo, afondará nas características da economía social. O día 16 trataranse a planificación estratéxica e as ferramentas para plans de mellora e os días 17 e 18 desenvolveranse as áreas económico-financeira e comercial e de mercado. O obradoiro cobre, por tanto, as necesidades formativas de persoas candidatas a bolseiras para unha estadía en prácticas na área xerencial dunha cooperativa ou empresa da economía social..

Inscrición gratuíta chamando ao 981 58 47 83 o en este formulario. Pode atopar o programa completo en “Documentación 1”

Rede Eusumo

20190618_logos-REDE-EUSUMOEsta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Por outra banda, AGACA, durante 2018 e 2019, impulsou o Programa Bolsas de xerencia en entidades de Economía Social (no marco da Rede Eusumo e do proxecto LACES, con financiamento do Interreg POCTEP) e, dada a satisfacción das persoas e entidades implicadas, prevé organizar accións semellantes en 2020.

27/06/2019



Menu Title
Menú