Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

AGACA Facebook AGACA Twitter AGACA Youtube Queixas e suxerencias ...

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
Nos-as-mulleres-800x600-wb

— Obradoiro “Apoderamento da muller socia da cooperativa” – Santiago. Parte II.

NOS-AS-MULLERES-LOGO-RGB

O obradoiro “Apoderamento de mulleres socias de cooperativas”, que comezou o 4 de xullo en Santiago de Compostela, responde a dúas vertentes principais: por un lado, ten por obxectivos impulsar a autoestima e o empoderamento das mujeres socias de cooperativas, así como loitar contra a violencia de xénero. Por outro lado, e máis vinculados ao plano profesional, busca impulsar proxectos, sexan de carácter empresarial, profesional ou agroalimentario, tanto no ámbito social como asistencial, ademais de proxectos relacionados co apoderamento e a presenza de mulleres nos órganos directivos das cooperativas.

A xornada do 11 de xullo, posto que o obradoiro busca promover a fórmula cooperativa como base da mellora e formar a mulleres cooperativistas en actividades produtivas mediante exemplos de éxito, visitaranse dúas entidades: Lutega, cooperativa productora de lúpulo, e Orballo, que produce té.

Outras xornadas

O 4 de xullo tivo lugar a sesión de constitución de Nós, as Mulleres, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia, que agrupará a mulleres vinculadas ás cooperativas socias de AGACA. A entidade busca ser a punta de lanza para o desenvolvemento efectivo e integral da muller e das súas capacidades de participación, así como dar visibilidade á muller profesional en todos os ámbitos.

A última sesión, o 18 de xullo en Compostela, dedícase a relatorios sobre emprendemento, igualdade e asociacionismo.

Esta actividade enmárcase no programa 2018 da Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiación do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Para realizar a inscripción previa, de carácter gratuíto, pode chamar ao 981 58 47 83, enviar un e-mail a agaca@agaca.coop ou completareste formulario.

O programa completo atópase en “Documentación”.

Data, lugares e horario:

-11 xullo, de 10:00 a 18:00 h. Visitas a Lutega – Betanzos- e Orballo – Paderne. Punto de chegada e saía: pendente de concretar.

2018_logos_eusumo



Menu Title
Menú