Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

AGACA Facebook AGACA Twitter AGACA Youtube Queixas e suxerencias ...

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
Nos-as-mulleres-800x600-wb

— Obradoiro “Apoderamento da muller socia de cooperativa” – Santiago. Parte I.

NOS-AS-MULLERES-LOGO-RGB

O obradoiro gratuíto “Apoderamento de mulleres socias de cooperativas”, que comeza o 4 de xullo en Santiago de Compostela, responde a dúas vertentes principais: dunha banda, ten por obxectivos impulsar a autoestima e o apoderamento das mulleres socias de cooperativas, así como loitar contra a violencia de xénero. Doutra banda, máis vencellada ao plano profesional, busca impulsar proxectos, sexan de carácter empresarial, profesional ou agroalimentario, tanto no ámbito social como asistencial, ademais de proxectos relacionados co apoderamento e a presenza de mulleres nos órganos directivos das cooperativas.

O 4 de xullo terá lugar a sesión de constitución de Nós, As Mulleres, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia, que agrupará a mulleres vinculadas ás cooperativas socias de AGACA. A entidade busca ser a punta de lanza para o desenvolvemento efectivo e integral da muller e das súas capacidades de participación así como dar visibilidade á muller profesional en todos os ámbitos.

INTERVENCIÓNS PREVISTAS:

– Benvida e obxectivos do Obradoiro.

– Explicación ampla de como é e cales son os obxectivos propostos para Nós, as Mulleres.

– Proposta de relación Nós, as Mulleres e AGACA.

– Cooperativa como eixe vertebrado: socio colaborador, función, importancia.

– O modelo económico para o sostemento dos gastos de Nós, as Mulleres.

– Pasos para a constitución legal.

– Firma de Acta de Constitución.

– Proposta de programa de traballo de Nós, as Mulleres para os próximos meses.

– Presentación da Asociación de Mulleres de Cooperativas Agro-alimentarias de España (AMCAE).

As personas que intervirán serán Dolores Calvo, presidenta provisional de Nós, as Mulleres, José Montes, presidente de AGACA, Ruth Rodríguez, axente de igualdade de xénero en AGACA, Miguel Viteri, letrado de AGACA, e Higinio Mougán, director-xerente de AGACA. Ao finalizar as intervencións haberá unha comida de confraternidade para as persoas que asistan.

Seguintes xornadas

A Xornada do 11 de xullo, pOsto que o obradoiro busca promover a fórmula cooperativa como base da mellora e formar a mulleres cooperativistas en actividades produtivas mediante exemplos de éxito, visitarán dúas entidades: Lutega, cooperativa productora de lúpulo, e Orballo, que produce té.

A última sesión, o 18 de xullo en Compostela, dedícase a ponencias sobre emprendemento, igualdade e asociacionismo.

Esta actividade enmárcase no programa 2018 da Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiación do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Para realizar a inscripción previa, de carácter gratuíto, pode chamar ao 981 58 47 83, enviar un e-mail a agaca@agaca.coop ou completar este formulario.

O programa completo atópase en “Documentación”.

Datas, lugares e horarios:

-4 de xullo, de 11:00 a 15:00 horas: Hotel Puerta del Camino, c/Miguel Ferro Caaveiro s/n – Santiago de Compostela

-11 xullo, de 10:00 a 18:00 h. Visitas a Lutega – Betanzos- e Orballo – Paderne. Punto de llegada y salda: pendiente de concretar.

– 18 xullo, de 11:00 a 15:00 h. en De 16:00 a 19:00 h, Hotel Puerta del Camino

2018_logos_eusumo



Menu Title
Menú