Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

AGACA Facebook AGACA Twitter AGACA Youtube Queixas e suxerencias ...

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
Nos-as-mulleres-800x600-wb

— Obradoiro “Apoderamento da muller socia da cooperativa” – Santiago. Parte final.

NOS-AS-MULLERES-LOGO-RGB

O obradoiro “Apoderamento de mulleres socias de cooperativas”, que comezou o 4 de xullo en Santiago de Compostela, responde a dúas vertentes principais: por un lado, ten por obxectivos impulsar a autoestima e o empoderamento das mujeres socias de cooperativas, así como loitar contra a violencia de xénero. Por outro lado, e máis vinculados ao plano profesional, busca impulsar proxectos, sexan de carácter empresarial, profesional ou agroalimentario, tanto no ámbito social como asistencial, ademais de proxectos relacionados co apoderamento e a presenza de mulleres nos órganos directivos das cooperativas..

A última sesión, o 18 de xullo en Compostela, dedícase a relatorios sobre emprendemento, igualdade e asociacionismo.

INTERVENCIÓNS PREVISTAS:

– Presentación da Sesión. Ruth Rodríguez, agente de Igualdad de género en AGACA.

– Líñas estratéxicas en materia de Igualdade de Oportunidades en Cooperativas Agro-alimentarias de España. Carmen Martínez, responsable de Igualdade de Cooperativas Agro-alimentarias de España.

– Exemplos de actuación de cooperativas agrarias no ámbito social, Ruth Rodríguez, agente de Igualdad de género en AGACA.

– Presentación da Asociación de MuLLeres de Cooperativas Agro-alimentarias de España (AMCAE), Jerónima Bonafé, presidenta de AMCAE.

– Política activas de emprego de interés para as mulleres rurais. Covadona Toca, secretaria general de Igualdad, Xunta de Galicia.

– As medidas de fomento da Igualdade da Secretaría Xeral de Igualdade. Susana López, secretaria general de Igualdad, Xunta de Galicia

Trala clausura da sesión —onde intervirá o presidente de AGACA, José Montes, xunto con Dolores Calvo, presidenta provisional de Nós, as Mulleres, Susana López e Jerónima Bonafé— ofrecerase unha comida de confraternidade.

Outras xornadas
O 4 de xullo tivo lugar a sesión de constitución de Nós, as Mulleres, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia, que agrupará a mulleres vinculadas ás cooperativas socias de AGACA. A entidade busca ser a punta de lanza para o desenvolvemento efectivo e integral da muller e das súas capacidades de participación, así como dar visibilidade á muller profesional en todos os ámbitos.

A xornada do 11 de xullo, posto que o obradoiro busca promover a fórmula cooperativa como base da mellora e formar a mulleres cooperativistas en actividades produtivas mediante exemplos de éxito, visitáronse dúas entidades: Lutega, cooperativa produtora de lúpulo, e Orballo, que produce té.

Esta actividade enmárcase no programa 2018 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola SecretaríaXeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Para realizar a inscrición previa, de carácter gratuíto, pode chamar ao 981 58 47 83, enviar un e-mail a agaca@agaca.coop o completar este formulario.

O programa completo atópase en “Documentación”.

Datas, lugares e horarios:
– 18 xullo, de 11:00 a 15:00 h. Hotel Puerta del Camino, r/Miguel Ferro Caaveiro s/n – Santiago de Compostela

2018_logos_eusumo



Menu Title
Menú