Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

AGACA Facebook AGACA Twitter AGACA Youtube Queixas e suxerencias ...
20190624_Obradoiro_CCMMVV_Bueu_Rede_Eusumo-wb

— Do 24 ao 28 de xuño: “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais” – BUEU

O obradoiro “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais” está orientado a persoas especializadas na xestión destas superficies. Durante 5 días, pretende mostrar vías de impulso da rendibilidade dos montes veciñais baixo o réxime de xestión cooperativizada, así como modos de mellorar en canto a fiscalidade e admistración destas entidades.

Tenrá lugar na Sala Amalia Domínguez Búa (r/Eduardo Vicenti, nº8) de Bueu.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Para realizar a inscrición previa, de carácter gratuíto, pode llamar ao 981 58 47 83, enviar un e-mail a agaca@agaca.coop ou cubrir o Formulario de inscrición.

Para consultar o programa completo do Obradoiro prema Documentación 1″.



Menu Title
Menú