Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

AGACA Facebook AGACA Twitter AGACA Youtube Queixas e suxerencias ...

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
20191011_FEADER-presentacion-resultados

Agaca presenta os resultados de 7 proxectos de innovación no sector primario

  • O 11 de outubro, en Santiago, presentaranse os resultados de 7 proxectos nos que participou AGACA que supoñen innovacións en canto a cultivo de castaña, produción de leite, cría de cabra, de porco celta e de vacún cárnico, aproveitamento do metano e xestión enerxética sustentable.

20191011_FEADER-presentacion-resultadosA Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA organiza este venres, de 10:00 a 14:30 no Hotel Puerta del Camino, unha xornada na que se presentarán os resultados de sete proxectos nos que participa xunto con diferentes entidades investigadoras e produtoras de Galicia. Os proxectos contan con financiamento do FEADER, a Consellería do Medio Rural e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Cinco dos proxectos foron iniciados en 2017:

  • No marco de ”Pulo ao Sector da Castaña: dende o souto ata a elaboración de produtos novidosos con castaña” analizouse o ciclo de vida, a pegada de carbono e a pegada hídrica asociados ao sector e creáronse novos produtos para os cales se buscaron nichos de mercado e se estudou a súa aceptación polo consumidor.
  • — Desenvolven o proxecto: AGACA e Centro Tecnolóxico da Carne.

 

  • Novos sistemas de manexo e implantación dun sistema de clasificación de canais de Porco Celta” ten por obxectivo a posta en funcionamento dun novo sistema de manexo do porco celta e o desenvolvemento e implantación dun sistema de clasificación de canais de porco da raza celta en función da porcentaxe de magro.
  • — Desenvolven o proxecto: AGACA, Tres Fuciños S. Coop. Galega e Centro Tecnolóxico da Carne.

 

  • “EUREL” traballa pola produción dun leite competitivo respectuoso co medio, mediante a utilización de ferramentas de apoio e técnicas para un uso eficiente dos recursos da explotación leiteira.
  • — Desenvolven o proxecto: AGACA, Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e Cooperativa Agraria Comarcal de A Coruña.

 

  • “ESTERCOSOL” ten por obxectivo crear un sistema de xestión enerxética sustentable e recirculación de nutrientes para explotación.
  • — Desenvolven o proxecto: AGACA e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).

 

  • Aproveitamento do metano nas granxas de vacún” busca reducir o impacto ambiental das emisións de metano asociadas ao gando estabulado e xerar un novo recurso enerxético valorizado na granxa.
  • — Desenvolven o proxecto:AGACA, Universidade de Vigo, Sanvicor S.A., Energylab e SAT San Miguel.

 
E outros dous en 2018:

  • Vacún cervexeiro” consiste na produción de gando vacún en sistema extensivo alimentado con pasto e produtos naturais e de proximidade; tamén estuda a xestión do gando mediante drons e tecnoloxías de xeoposicionamento.
  • — Desenvolven o proxecto: AGACA, Arturo Baqueiro Gabián, Centro Tecnolóxico da Carne y Universidade de Vigo.

 

  • Cabras 4.0” consiste en poñer en marcha un dispositivo virtual que permita controlar o rabaño a distancia, dende a pantalla dun computador ou dispositivo portátil.
  • — Desenvolven o proxecto: AGACA, Comunidade de Montes Veciñais e en Man Común de Meira, Energylab.

 
Programa completo en “Documentación 1”.

2019/10/08



Menu Title
Menú