EuroDairy presenta Grupos Operativos de Innovación en novembro en Santiago

Agaca
Por Agaca Setembro 13, 2018 11:05

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

EuroDairy presenta Grupos Operativos de Innovación en novembro en Santiago

  • O 16 de novembro en Santiago de Compostela terá unha xornada organizada por FEUGA, co título “Coinnovando no sector agrario e forestal en Europa”. Nela, presentaranse Grupos Operativos que desenvolven a súa actividade de innovación no marco de EuroDairy.

Están invitados a asistir os Grupos Operativos de Innovación, pero o también investigadores, centros tecnolóxicos, asociacións, asesores técnicos e calquera outra persoa interesada en coñecer como innovar en colaboración.

O obradoiro ofrece:

  • Información sobre como funcionan os grupos operativos e as súas ventaxas para a empresa ou
  • Acceso a prácticas innovadoras postas en marcha por grupos operativos de Galicia e outras rexións de España e Europa.
  • Contacto con potenciais socios para proxectos.
  • Visitas a proxectos de grupos operativos en execución.
  • Toma de contacto coa Asociación Europea de Innovación de Agricultura productiva e sustentable (EIP-Agri).

O obradoiro está organizado pola Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), en colaboración coa EIP-Agri. Está financiado no marco do convenio de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Máis información: innovacion@feuga.es ou na web www.feuga.es

Acerca de EuroDairy

wb_banner_eurodairy_300x75EuroDairy é unha rede internacional para aumentar a sustentabilidade económica, social e ambiental da produción leiteira en Europa, nun momento de desafío sen precedentes para o sector. Financiada polo programa Horizonte 2020 da UE, EuroDairy fomentará o desenvolvemento e a difusión de innovacións baseadas na práctica na produción leiteira, centrándose en cuestións clave de sustentabilidade que xorden tras a supresión das cotas lácteas: resiliencia socioeconómica, eficiencia dos recursos, coidado dos animais e integración da produción de leite con obxectivos de biodiversidade.

EuroDairy abarca 14 países, dende Irlanda ata Polonia, dende Suecia ata Italia; abarca o 40% dos produtores leiteiros, o 45% das vacas e o 60% da produción de leite europeo. O proxecto adopta o modelo interactivo de European Innovation Partnership, colocando aos agricultores no centro da innovación baseada na práctica, adaptando e desenvolvendo o coñecemento científico, tanto o novo como o existente, para producir solucións implementables, que logo poden ser compartidas a través da rede.

13/09/2018

Agaca
Por Agaca Setembro 13, 2018 11:05
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*