Estudantes do IES Pontepedriña fórmanse en cooperativismo con AGACA e Feiraco

Agaca
Por Agaca Maio 30, 2016 15:55

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O Centro Rede Eusumo Fundación Feiraco recibirá mañá a un grupo de estudantes do instituto compostelán Pontepedriña.
  • Participarán nunha charla informativa, impartida por técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), e coñecerán as instalacións da cooperativa láctea.
  • A actividade forma parte da Rede Eusumo para o Fomento do Cooperativismo e a Economía Social.


Emprendemento e Cooperativas, modelo de éxito - Promoción do cooperativismo entre estudantes. AGACA e Rede Eusumo

Técnicos de AGACA impartirán mañá unha xornada didáctica sobre as vantaxes do cooperativismo como fórmula de emprendemento e de estabilidade laboral e económica para o alumnado de primeiro curso de Bacharelato do IES Pontepedriña, de Santiago de Compostela.

O obxectivo da charla, enmarcada nun “Obradoiro de Emprendemento Cooperativo Eusumo”, é darlles a coñecer este modelo de negocio aos mozos e mozas, para que o teñan en consideración, ao finalizar os seus estudos, como opción de futuro profesional. Para exemplificar as explicacións, mostraranse experiencias de emprendemento e cooperativismo que se asentaron con éxito no medio rural galego, en diversos sectores de negocio, tales coma as cooperativas Agris, Amarelante, Cume do Avia, Erica Mel e Horsal, do sector agroalimentario; Pía Paxaro, de ocio, ou E. Ferro e Idoia Cuesta, de artesanía.

Logo da charla formativa, visitarán as instalacións da cooperativa láctea Feiraco, para coñecer, guiados polo persoal da entidade, os pormenores do seu funcionamento

Rede Eusumo

Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

30/05/2015
Agaca
Por Agaca Maio 30, 2016 15:55
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*