Estudantes do colexio lucense San José aprenden economía social en Melide

Agaca
Por Agaca Maio 29, 2018 13:44
  • Alumnado de secundaria do colexio lucense San José viaxou ata Melide para aprender sobre cooperativismo en Dairylac.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social.

20180529_eusumo_cole-plurlingue_S-Jose_DAIRYLACA planta láctea de Dairylac, en Melide, recibiu esta mañá aos estudantes de cuarto da ESO do colexio Plurilingüe San José, de Lugo. Participaron nun obradoiro de divulgación da economía social e o cooperativismo, organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios, así como a súa capacidade para manterse como opción de emprego estable e rendible.

Ademais, o alumnado percorreu as instalacións de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, para ver a loxística da fábrica e aprender conceptos de márketing, como se trata o leite para facelo apto para o consumo e como se producen os diferentes tipos queixo, que probaron.

Rede Eusumo

 Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

29/05/2018

Agaca
Por Agaca Maio 29, 2018 13:44
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*