Estudantes do Basque Culinary Center visitan Pazo Baión

Agaca
Por Agaca Abril 29, 2015 18:53

Estudantes do Basque Culinary Center visitan Pazo Baión

Estudiantes del Basque Culinary Center visitan Pazo Baión

  • Por cuarto ano, estudantes da Universidad Española de Gastronomía y Artes Culinarias visitaron a bodega durante o seu paso polas Rías Baixas
  • Medio centenar de membros da escuela pasaron unha xornada visitando a bodega e o seu entorno, para coñecer os viñedos e caldos

O 29 de abril, os estudantes do Basque Culinary Center, facultdade de Ciencias Gastronómicas da Mondragon Unibersitatea, disfrutaron dunha xornada onde percorreron as instalacións da adega e o entorno da propiedade para terminar cunha cata do viño Pazo Baión, considerado o primeiro viño de pago de Galicia.

Dous membros do cadro docente, as profesoras Ainhoa Ormazabal e Irene Cañadas, acompañaron aos estudantes durante a visita e participaron das explicaciones sobre o proceso de produción do viño Pazo Baión. Este albariño á un viño “de finca” ou pago, dadas as singularidades da mesma, coma o seu microclima, os solos graníticos ou a elevada idade das cepas, factores que crean un ecosistema que se ve claramente reflectido no viño.

Os docentes sorprendéronse especialmente pola existencia de parcelas con distintas peculiaridades dentro da propia leira: unha máis cítrica, outra con notas mentoladas e unha lixeiramente máis balsámica. Durante a visita, Ormazabal calificou os terreos como “impresionantes” debido a súa beleza paisaxística.

Continuidade

Este xa é o cuarto ano que os docentes da prestixiosa universidade visitan Pazo Baión. O seu diferencial e a súa capacidade foron algunhas das razóns que Basque Culinary Center considerou para escoller Pazo Baión.

O centro de estudos gastronómicos, situado en San Sebastián, está liderada por cociñeiros como Juan Mari Arzak, Martín Berasategui, Karlos Arguiñano, Andoni Luís Aduriz ou Pedro Subijana, entre outros.

Agaca
Por Agaca Abril 29, 2015 18:53
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*