Estudantes de Vilalba achéganse ao cooperativismo con AGACA e Feiraco

Agaca
Por Agaca Abril 19, 2018 13:20

ACTIVIDADES

Setembro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta mañá estudantes do IES Santiago Basanta Silva participaron nunha xornada didáctica sobre cooperativismo na Fundación Feiraco, situada en Ames.
  • A actividade forma parte da Rede Eusumo, para impulsar o cooperativismo e a economía social.

20180419_eusumo_ies_santiago_basanta-silva_FEIRACOCorenta estudantes de cuarto curso de Secundaria e de segundo de Bacharelato, do instituto vilalbés Santiago Basanta Silva, asistiron esta mañá a un obradoiro da Rede Eusumo acerca das características da economía social que tivo lugar na Fundación Feiraco (Ames).

José Montes, presidente de AGACA, destacou, como cualidades das cooperativas, a toma democrática de decisións e a distribución equitativa de beneficios, además da súa adaptabilidade a todo tipo de sectores produtivos e de servizos.

O alumnado percorreu instalacións da planta de transformación en envasado de leite Feiraco para aprender os pormenores da elaboración dos produtos lácteos, así como o funcionamento da sociedade cooperativa, explicado polo persoal da mesma.

Rede Eusumo
wb_logo_rede_eusumoEsta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

19/04/2018

Agaca
Por Agaca Abril 19, 2018 13:20
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*