Estudantes de Vilagarcía achéganse ao cooperativismo con AGACA e Condes de Albarei

Agaca
Por Agaca Maio 9, 2018 14:15 Actualizado

ACTIVIDADES

Agosto 2018

REVISTA AGACA

  • 138 portada

    Cooperación Galega Nº 138 Maio 2018

    Cooperación Galega nº 138 -Mayo 2018 Editorial 3 Conversar e converxer en alianzas A fondo 6 As cooperativas xa poden competir coas grandes empresas polos contratos públicos Tendencias 10 Entrevista.

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta mañá corenta de estudantes do IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía) recibiron formación sobre o funcionamento dunha cooperativa nunha visita á adega Condes de Albarei e ao Pazo Baión
  • A actividade forma parte da Rede Eusumo, para impulsar a economía social e o cooperativismo.

Corenta estudantes de Formación Profesional do instituto Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa) participaron esta mañá nun obradoiro sobre as vantaxes do cooperativismo como opción de futuro laboral rendible e estable, impartido por técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), na adega cooperativa Condes de Albarei (Cambados).

A charla destacou a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios e a diminución do risco de emprendemento como cualidades positivas deste modelo de negocio, capaz de adaptarse a varios sectores produtivos e de servizos.

Ademais, perosal da adega explicou o funcionamento diario da cooperativa nun percorrido polas instalacións do Pazo Baión e as viñas para coñecer o proceso de produción de viño.

Rede Eusumo

wb_logo_rede_eusumoEsta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

09/05/2017

Agaca
Por Agaca Maio 9, 2018 14:15 Actualizado
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*