Estudantes de Vigo aprenden sobre nutrición sa con “Almorz@ con Beizos Brancos”

Agaca
Por Agaca Novembro 11, 2016 13:41

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Estudantes do CEIP Mestres Goldar (Vigo) participaron esta mañá no programa “Almorz@ con Beizos Brancos”, promovido pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias e Obra Social “la Caixa”.
  • A actividade incluíu unha charla didáctica sobre alimentación sa, exercicios didácticos e un almorzo equilibrado e con produtos naturais.
  • No curso pasado, repartíronse máis de 500 almorzos saudables en 11 centros de ensino.

20161111_beizos_vigo_ceip_mestres_goldar

O programa “Almorz@ con Beizos Brancos” organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) con financiación da Obra Social “la Caixa” contou esta mañá coa participación de medio centenar de estudantes de terceiro e cuarto de primaria do  colexio vigués Mestres Goldar co obxectivo de difundir hábitos nutricionais saudables.

A xornada comezou cunha charla sobre as diferenzas nutricionais entre varios alimentos habituais para almorzar, onde se recomendou o consumo de froitas de tempada, lácteos e produtos naturais e sen azucres engadidos, fronte aos procesados industrialmente e que non achegan os nutrientes máis axeitados.

A continuación nun xogo didáctico os estudantes ordenaron os pasos do camiño que segue o leite dende a vaca ao vaso e, finalmente, probaron un almorzo composto por leite enteiro con cacao e mel, pan galego con aceite e mandarinas.

Co obxectivo de trasladar a mensaxe tamén ás familias, repartiuse material didáctico con diferentes propostas de almorzo e os seus valores nutricionais.

Compromiso social

Logo do interese que espertou a pasada edición, cando se repartiron máis de 500 almorzos en 11 centros educativos, Agaca e Obra Social “la Caixa” repiten este curso “Almorz@ con Beizos Brancos”. Está prevista a celebración de 20 xornadas, de xeito que se abarque un maior público.

11/11/2016

Agaca
Por Agaca Novembro 11, 2016 13:41
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*