Estudantes de Valladares aprenden a importancia do almorzo con AGACA e Obra Social “la Caixa”

Agaca
Por Agaca Xaneiro 16, 2018 12:55
  • Corenta e cinco estudantes do CEIP Igrexa-Valadares (Vigo) participaron na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, que aconsella sobre almorzos saudables con produtos galegos e mostra o proceso de transformación do leite.
  • AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa” organizan a iniciativa en centros educativos de toda Galicia.

20180116-bei_igrexa-valladares_vigo_WB

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria do CEIP Igexa-Valladares (Vigo) aprendeu esta mañá diferentes opcións para comezar a xornada cunha correcta achega enerxética e con alimentos saudables, naturais e procedentes maioritariamente do mercado nacional, fronte aos almorzos pouco variados ou baseados en produtos procesados industrialmente.

Entre os consellos ofrecidos pola nutricionista María Fernández, que impartiu a charla, atópase os consumo de zumes naturais como complemento pero non como substitutivo das froitas de tempada (pois a froita enteira achega máis enerxía e nutrientes que a espremida), o de produtos lácteos e, sobre todo, almorzar diariamente.

A modo de exemplo, o alumnado almorzou leite enteiro, froita e pan con aceite.

Ademais, mediante un xogo en grupo os estudantes aprenderon os pasos do proceso de transformación do leite, dende a granxa ata os fogares, e a importancia do sector no medio rural galego.

Compromiso social

Durante este curso académico (2017/2018) celebráronse xa 11 xornadas e repartíronse 460 almorzos no marco de “Almorz@ con Beizos Brancos”.

AGACA e Obra Social “la Caixa” poñen en marcha este programa dende 2015 para impulsar correcta alimentación dos nenos e nenas de Galicia e fomentar nos fogares hábitos alimentarios saudables, ademais de pór en valor os produtos do agro galego.

16/01/2017

Agaca
Por Agaca Xaneiro 16, 2018 12:55
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*