Estudantes de secundaria participaron nun obradoiro sobre cooperativismo en As Vacas da Ulloa

Agaca
Por Agaca Maio 14, 2019 14:37

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A cooperativa As Vacas da Ulloa (Palas de Reis) recibiu a estudantes de secundaria de Lugo para mostrarlles como funciona unha cooperativa gandeira.
  • Participaron nun obradoiro organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

20190514_Eusumo_Colexio_san-jose_As-Vacas-da-Ulloa

O alumnado de cuarto curso de secundaria do colexio San José (Lugo) visitou as instalacións da cooperativa  As Vacas da Ulloa durante un obradoiro do ciclo “Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito”.

É a primeira vez que  As Vacas dá Ulloa acolle un destes obradoiros. Durante o percorrido, persoal da cooperativa explicou as vantaxes de funcionar en cooperativa, como se produce o leite e algúns procedementos de manexo de gando,como levar pacer aos animaies.

A iniciativa promovida por AGACA e Rede Eusumo, busca mostrar as vantaxes do cooperativismo e a economía social como modelos de negocio que poden desenvolverse con éxito en el medio rural y en multitude de sectores produtivos e de servizos.

Este curso participaron nos obradoiros máis de 550 estudantes.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

14/05/2019

Agaca
Por Agaca Maio 14, 2019 14:37
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*