Estudantes de Pontevedra viaxan a Milhulloa para aprender cooperativismo

Agaca
Por Agaca Abril 11, 2019 16:50

ACTIVIDADES

Xuño 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta mañá estudantes del CFEA de Lourizán participaron nunha xornada didáctica sobre cooperativismo na cooperativa Milhulloa (Palas de Rei).
  • A actividade forma parte da Rede Eusumo para impulsar o cooperativismo e a economía social.

20190411_Eusumo_CFEA_Lourizan_MilhulloaRede Eusumo e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) desenvolveron esta mañá un obradoiro de “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito” na cooperativa Milhulloa. Participaron 40 estudiantes do pontevedrés Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán.

O obxectivo é dar a coñecer o cooperativismo entre o estudantado, para que o teñan en consideración ao finalizar os seus estudos. Para iso, personal de Milhulloa guiounos polas instalacións da cooperativa e explicoulles o proceso de cultivo, de preparación, de secado e de envasado das súas especias e herbas medicinais e a elaboración de cosméticos, así como as fases que pasou a cooperativa no seu camiño cara a constituírse como un negocio rendible.

Rede Eusumo

Esta actividade  enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha  rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

EUSUMO-Logos-pe-pax-2019

11/04/2019

Agaca
Por Agaca Abril 11, 2019 16:50
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*