AGACA e Obra Social “la Caixa” levan almorzos sans a estudantes de Ourense

Agaca
Por Agaca Xaneiro 23, 2018 14:28

ACTIVIDADES

Agosto 2018

REVISTA AGACA

  • 138 portada

    Cooperación Galega Nº 138 Maio 2018

    Cooperación Galega nº 138 -Mayo 2018 Editorial 3 Conversar e converxer en alianzas A fondo 6 As cooperativas xa poden competir coas grandes empresas polos contratos públicos Tendencias 10 Entrevista.

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Corenta e catro estudantes do CEIP Igrexa-Valadares (Vigo) participaron na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, que aconsella sobre almorzos saudables con produtos galegos e mostra o proceso de transformación do leite.
  • AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa” organizan a iniciativa en centros educativos de toda Galicia.

20180123-beizos_brancos_sto_angel_ourenseO alumnado de terceiro de primaria do colexio ourensán Santo Ángel aprendeu esta mañá diferentes opcións para comezar a xornada cunha correcta achega enerxética e con alimentos saudables, naturais e procedentes maioritariamente do mercado nacional, fronte aos almorzos pouco variados ou baseados en produtos procesados industrialmente.

Entre os consellos ofrecidos pola nutricionista María Fernández, que impartiu a charla, atópanse o consumo de froitas de tempada, complementado con zumes naturais, tomar produtos lácteos e, sobre todo, almorzar diariamente para render durante a mañá.

A modo de exemplo, o alumnado almorzou leite enteiro, mandarinas e pan con aceite.

Ademais, mediante un xogo en grupo os estudantes aprenderon o proceso de produción e transformación do leite e a importancia do sector no medio rural galego.

Compromiso social

Durante este curso académico (2017/2018) celebráronse xa 12 xornadas e repartíronse  500 almorzos no marco de “Almorz@ con Beizos Brancos”.

AGACA e Obra Social “la Caixa” poñen en marcha este programa dende 2015 para impulsar correcta alimentación dos nenos e nenas de Galicia e fomentar nos fogares hábitos alimentarios saudables, ademais de pór en valor os produtos do agro galego.

 

23/01/2108

 

Agaca
Por Agaca Xaneiro 23, 2018 14:28
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*