Estudantes de Noia aprenden a almorzar con AGACA e Obra Social “la Caixa”

Agaca
Por Agaca Febreiro 2, 2018 14:32

ACTIVIDADES

Novembro 2018

REVISTA AGACA

  • !·9 Cooperación Galega

    Cooperación Galega Nº 139 Agosto 2018

    Editorial- A reforma da Política Agraria Común
    A Fondo- CEPES. Mellorar o agro formando á xuventude
    Caderno Técnico- Recomendacións para cumprir coa Condicionalidade en medioambiente, cambio climático e boas condicións agrícolas da terra

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Corenta e oito estudantes do CEIP Felipe de Castro (Noia) participaron na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, que aconsella sobre almorzos saudables e mostra o proceso de transformación do leite.
  • AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa” organizan a iniciativa en centros educativos de toda Galicia.

O alumnado de carto de primaria do colexio Felipe de Castro, situado no lugar noiés de Bergondo, aprendeu esta mañá diferentes opcións para comezar a xornada cunha correcta achega enerxética e con alimentos saudables,naturais e procedentes maioritariamente do mercado nacional, fronte aos almorzos pouco variados ou baseados en produtos procesados industrialmente.

Entre os consellos ofrecidos pola nutricionista María Fernández, que impartiu a charla, atópase o consumo de zumes naturais como complemento pero non como substitutivo das froitas de tempada (pois a froita enteira achega máis enerxía e nutrientes que a espremida), o de produtos lácteos e, sobre todo, almorzar diariamente.

A modo de exemplo, o alumnado almorzou leite enteiro, froita e pan con aceite.

Ademais, mediante un xogo en grupo os estudantes aprenderon os pasos do proceso de transformación do leite, dende a granxa ata os fogares, e a importancia do sector no medio rural galego.

Compromiso social

Durante este curso académico (2017/2018) celebráronse xa 13 xornadas e repartíronse 560 almorzos no marco de “Almorz@ con Beizos Brancos”.

AGACA e Obra Social “la Caixa” poñen en marcha este programa dende 2015 para impulsar a correcta alimentación dos nenos e nenas e fomentar nos fogares hábitos alimentarios saudables, ademais de pór en valor os produtos do agro galego.

02/02/2018

Agaca
Por Agaca Febreiro 2, 2018 14:32
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*