Estudantes de Lugo coñecen en Terra de Trasancos as vantaxes profesionais do cooperativismo

Agaca
Por Agaca Maio 6, 2016 14:20

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

wb_rede_eusumo_institutos_vertical

  • O Centro Rede Eusumo Fundación Terra de Trasancos acolleu esta mañá unha charla formativa para estudantes de Lugo.
  • O alumnado visitou a Cooperativa O Val para coñecer o seu funcionamento.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o para o Fomento do Cooperativismo e a Economía Social.

Técnicos de AGACA impartiron esta mañá unha xornada didáctica sobre as vantaxes do cooperativismo como fórmula de emprendemento e de crecemento laboral e económico para o alumnado de Formación Profesional do CIFP As Mercedes (Lugo).

O obxectivo das actividade, enmarcada nun “Obradoiro de Emprendemento Cooperativo Eusumo”, é darlles a coñecer este modelo de negocio aos mozos e mozas, para que o teñan en consideración ao finalizar os seus estudos. Para iso, mostráronselles exemplos de iniciativas cooperativas que conseguiron establecerse de xeito rendible no medio rural, en varias áreas de negocio.

Logo da charla formativa, visitaron as instalacións da cooperativa O Val, onde puideron coñecer os pormenores do funcionamento e a administración do supermercado e os invernadoiros.

Rede Eusumo
Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, naci¬da no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

06/05/2016

Agaca
Por Agaca Maio 6, 2016 14:20
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*