Estudantes de Fonteboa participaron nun obradoiro sobre cooperativismo en As Vacas da Ulloa

Agaca
Por Agaca Xuño 13, 2019 10:21

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A cooperativa As Vacas da Ulloa (Palas de Reis) recibiu onte a 35 estudantes  da EFA Fonteboa para mostrarlles como funciona unha cooperativa gandeira.
  • Participaron nun obradoiro organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.

20190612_Eusumo_estudantes_fonteboa_vacas_ulloaUn grupo de estudantes de ciclos formativos (Formación Agropecuaria e Gandería e Saúde Animal) do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa (Coristanco) visitou onte as instalacións da cooperativa  As Vacas da Ulloa durante un obradoiro do ciclo “Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito”.

Durante o percorrido, persoal da entidade explicou as vantaxes de funcionar en cooperativa, como se produce o leite e algúns procedementos de manexo de gando,como levar pacer aos animaies.

A iniciativa promovida por AGACA e Rede Eusumo, busca mostrar as vantaxes do cooperativismo e a economía social como modelos de negocio que poden desenvolverse con éxito en el medio rural y en multitude de sectores produtivos e de servizos. Este curso xa participaron nos obradoiros preto de 600 escolares.

Rede Eusumo

EUSUMO-Logos-pe-pax-2019Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

13/06/2019

Agaca
Por Agaca Xuño 13, 2019 10:21
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*