Estudantes de Cee proban alimentos sans con “Almorz@ con Beizos Brancos”

Agaca
Por Agaca Novembro 28, 2017 13:35

ACTIVIDADES

Decembro 2017

REVISTA AGACA

  • 135 portada

    Coooperación Galega nº 135 Outubro 2017

    Editorial. Lumes, agro e cooperativas agroalimentarias
    A fondo. LACES, entidades galegas e portuguesas impulsarán a competitividade das empresas de economía social
    Caderno Técnico. A evolución da mecanización en Galicia. Unha visión a través da análise de custos operativos

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Estudantes do CEIP Eugenio López, en Cee, participaron esta mañá nunha xornada do programa “Almorz@ con Beizos Brancos” de AGACA e Obra Social “la Caixa”.
  • actividade incluíu unha charla sobre alimentación sa, un xogo educativo e un almorzo equilibrado con produtos naturais.

20171128_Beizos_Eugenio_lopez_cee (23)Medio centenar de estudantes de cuarto de primaria do CEIP Eugenio López (Cee) participou esta mañá en “Almorz@ con Beizos Brancos”, un programa organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” para fomentar en escolares o consumo diario de almorzos completos, nutritivos e equilibrados.

Así, a nutricionista María Fernández comezou a xornada explicando os valores nutricionais de froitas de tempada e produtos lácteos e recomendando evitar alimentos procesados industrialmente, con exceso de azucres que non achegan ningún beneficio á saúde.

Para ilustrar a charla o alumnado degustou un almorzo equilibrado e completo, composto por pan con aceite, froita e leite enteiro. Por outra banda, os nenos e nenas aprenderon os procesos que pasa o leite desde que se extrae das vacas ata que chega aos seus vasos mediante un xogo didáctico e repartiuse material divulgativo con diferentes propostas de almorzo e as súas calidades nutricionais, para estender a actividade ao fogar.

Compromiso duradeiro

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias ( AGACA) e Obra Social “la  Caixa” organizan “ Almorz@ con Beizos  Brancos” dende 2015. O curso pasado repartíronse máis de 900 almorzos. A iniciativa forma parte dun “Plan de accións  sociais en favor de infancia, xuventude, muller e maiores 2017-2018”.

28/11/2017

Agaca
Por Agaca Novembro 28, 2017 13:35
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*