Estudantes de Carballo aprenden cooperativismo e nutrición con AGACA

Agaca
Por Agaca Marzo 3, 2020 14:31

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O alumnado do CEIP A Cristina (Carballo) participou en “Almorzos Cooperativos”, un obradoiro de nutrición e  cooperativismo organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

20200303_Eusumo-CEIP-A-Cristina-Almorzo

Cincuenta e un estudantes de terceiro e cuarto de primaria do colexio carballés A Cristina, participaron esta mañá en “Almorzos Cooperativos”, unha actividade que promove a alimentación sa para manter a boa saúde e enfatiza o rol das cooperativas na produción alimentaria. AGACA organiza a actividade no marco da Rede Eusumo.

A nutricionista María Fernández explicou as propiedades nutricionais de varios alimentos e como combinalos en almorzos equilibrados; como exemplo, nenos e nenas degustaron un almorzó con froita, pan con aceite e leite.

O concepto de coperativismo explicouse mediante xogos deseñados para promover a colaboración entre participantes. Para reforzar o aprendido repartiuse material didáctico sobre produción alimentaria e nutrición.

Microrrelatos

Por outra parte, AGACA e Rede Eusumo promoven concurso de microrrelatos dirixido a escolares de segundo ciclo de primaria. O seu obxectivo é fomentar a escritura e o interese polo cooperativismo e pola produción de alimentos, a agricultura e o medio rural. Os centros educativos públicos de Galicia interesados en participar poden consultar as bases  aquí ou chamar ao 981 584 783.

Rede Eusumo

Esta actividade se enmárcase  no programa de actuación 2019-2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

LOGOS-EUSUMO-2020

03/03/2020

Agaca
Por Agaca Marzo 3, 2020 14:31
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*