Estudantes das Covas aprenden a importancia do almorzo con AGACA e Obra Social “la Caixa”

Agaca
Por Agaca Decembro 15, 2017 15:27

ACTIVIDADES

Xaneiro 2018

REVISTA AGACA

  • 136_portada

    Cooperación Galega Nº 136 Decembro 2017

    Editorial.- Medioambiente, si; viabilidade económica,tamén
    A Fondo.- AGACA e Obra Social “la Caixa” crean a Comisión Xuventude Cooperativista Emprendedora para dar voz á mocidade rural galega
    Caderno Técnico.- Incidencia e problemática das micotoxinas na alimentación animal

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • • Estudantes do CEIP As Covas (Meaño) participaron na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, que aconsella sobre almorzos saudables con produtos galegos e mostra o proceso de transformación do leite.
  • AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa” organizan a iniciativa en centros educativos de toda Galicia.

20171215_Bei_As-Covas_Meaño (1)O alumnado de terceiro e cuarto de primaria do CEIP As Covas (Meaño) aprendeu esta mañá diferentes opcións para comezar a xornada cunha correcta achega enerxética e con alimentos saudables, naturais e procedentes maioritariamente do mercado nacional, fronte aos almorzos pouco variados ou baseados en produtos procesados industrialmente.
Entre os consellos ofrecidos pola nutricionista María Fernández, que impartiu a charla, atópase os consumo de zumes naturais como complemento pero non como substitutivo das froitas de tempada (pois a froita enteira achega máis enerxía e nutrientes que a espremida), o de produtos lácteos e, sobre todo, almorzar diariamente.

A modo de exemplo, o alumnado almorzou leite enteiro, froita e pancon aceite.

Ademais, mediante un xogo en grupo aos estudantes aprenderon os pasos do proceso de transformación do leite, dende a granxa ata os fogares, e a importancia do sector no medio rural galego.

Compromiso social
Este curso celebráronse xa 10 xornadas e repartíronse 420 almorzos, no marco de “Almorz@ con Beizos Brancos”.
AGACA e Obra Social “la Caixa” poñen en marcha este programa dende 2015 para impulsar correcta alimentación dos nenos e nenas de Galicia e fomentar nos fogares hábitos alimentarios saudables, ademais de pór en valor os produtos do agro galego.

Agaca
Por Agaca Decembro 15, 2017 15:27
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*