Este curso máis de 950 escolares aprenderon a almorzar con AGACA e Obra Social “la Caixa”

Agaca
Por Agaca Abril 13, 2018 15:03

ACTIVIDADES

Xullo 2018

REVISTA AGACA

  • 138 portada

    Cooperación Galega Nº 138 Maio 2018

    Cooperación Galega nº 138 -Mayo 2018 Editorial 3 Conversar e converxer en alianzas A fondo 6 As cooperativas xa poden competir coas grandes empresas polos contratos públicos Tendencias 10 Entrevista.

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Medio centenar de escolares del CEIP Illa Verde (Lugo) aprendieron esta mañana como desayunar adecuadamente, en una actividad del programa “Almorz@ con Beizos Brancos”, que termina hoy.
  • La Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza la iniciativa con impulso de Obra Social “la Caixa”.

20180413_Bei_illa-verde_Lugo_wb

Esta mañá AGACA impartiu a 50 escolares de cuarto de primaria do colexio lucense Illa Verde unha charla sobre a necesidade de almorzar diariamente para comezar o día coa achega enerxética correcta.

A nutricionista María Fernández recomendou incorporar produtos de varias clases, como lácteos, froitas de tempada mellor enteiras ca en zume, e alimentos de tipo hidrato de carbono, evitando os procesados industrialmente que conteñen exceso azucre e graxas. Como exemplo, o alumnado almorzou leite enteiro, pan con aceite e  mandarinas.

Ademais, explicouse o proceso produtivo do leite mediante un xogo e repartiuse material didáctico con valores nutricionais de varios alimentos habituais no almorzo para estender os consellos ao fogar,.

Máis de 2000 almorzos

Durante este curso escolar participaron en “Almorz@ con Beizos Brancos” 20 centros educativos e 959 estudantes. AGACA e Obra Social “la Caixa” impulsan o programa dende 2015; en total, celebráronse 52 xornadas e repartíronse 2421 almorzos sans.

A colaboración entre AGACA e Obra Social “la Caixa” inclúe accións orientadas ao empoderamento da muller cooperativista, impulso da incorporación de persoas mozas á actividade profesional no medio rural e mellora da atención a persoas maiores no fogar.

13/04/2018

Agaca
Por Agaca Abril 13, 2018 15:03
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*