Esta tarde en Ferrol hai unha charla sobre a praga da avelaíña guatemalteca da pataca

Agaca
Por Agaca Marzo 10, 2017 12:29

ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: Asoc. Agrarista Círculo Gacela

  • A Asociación Agrarista Círculo Gacela, coa colaboración da  Consellería de Medio  Rural e a Concellería de Cultura de Ferrol, organiza unha charla informativa sobre a recente problemática da pataca.

A bisbarra de Ferrolterra é unha das máis afectadas pola praga da couza guatemalteca da pataca. Unha praga que nos preocupa a todos e todas  xa que na meirande parte das casas temos horta e botamos patacas para nós e incluso para repartir coa familia.

Aínda que a situación da praga non é nova, nos últimos días asistimos a unha manchea de resolucións, acordos, noticias e declaracións que xeran desinformación e inseguridade sobre que facer.

A Xunta publicou un par de resolucións sobre este asunto obrigando a declarar as plantacións das patacas de cedo e prohibindo súa plantación ante a recente publicación dun decreto estatal prohibindo as plantacións e obrigando a levantar o xa sementado nos municipios afectados.

Para aclarar conceptos, analizar o contexto normativo vixente e previsible, e solucionar as dúbidas que se están a xerar, a Asoc. Círculo Gacela organiza unha charla, que será impartida directamente por persoal técnico da Consellaría do Medio Rural.

 

  • Data: venres 10 de marzo
  • Hora: 18.00 horas
  • Lugar: Centro Cívico de Caranza
  • Imparte a charla: persoal técnico da Consellería do Medio Rural
  • Máis información: 661 378 960 (Asociación Agrarista Círculo Gacela)
Agaca
Por Agaca Marzo 10, 2017 12:29
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*