Esta mañá comezou un obradoiro sobre apoderamento de mulleres cooperativistas en Taboada

Agaca
Por Agaca Setembro 10, 2019 15:30

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Mulleres socias da cooperativa Aira comezaron esta mañá un obradoiro de tres días sobre apoderamento.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) desenvolve a actividade no marco de Rede Eusumo.

20190910-Eusumo_apoderamento_aira (1)

Esta mañá comezou o obradoiro “Apoderamento das mulleres socias de cooperativas” nas instalacións da cooperativa Aira en Taboada.

Unha trintena de mulleres socias da cooperativa participaron no Obradoiro, que arrinca con charlas acerca de novos recursos produtivos, a necesidade de organizarse socialmente e a cooperativa como eixo vertebrador. Ademais, presentaranse  AMCAE (Asociación de Mujeres de Cooperativas  Agro-alimentarias de España) e “NÓS, AS MULLERES”, Asociación  Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias

Interviñeron na xornada José Manuel López, presidente de Aira, Loli Couso, técnica de AGACA, e Dolores Calvo, presidenta da adega cooperativa Condes de Albarei.

O día 17 de setembro continúa o Obradoiro cunha exposición de casos prácticos de novos cultivos e producións agrogandeiras, centrada na castaña e a cría de porco celta. Intervirán Manuel López, secretario técnico da IXP Castaña de Galicia, Isabel Costas, presidenta da cooperativa Tres Fuciños, e Daniel Ferreiro, director xeral de Aira.

O Obradoiro finaliza o día 24 de setembro, cunha viaxe ao Centro Especial de Emprego Produtores de Carne da Ribeira Sacra.

Rede Eusumo

20190618_logos-REDE-EUSUMOEsta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

10/09/2019

Agaca
Por Agaca Setembro 10, 2019 15:30
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*