Escolares do CEIP Monte dos Postes achéganse ao cooperativismo da man de AGACA e Casa Grande de Xanceda

Agaca
Por Agaca Abril 5, 2018 14:26

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Cincuenta estudantes do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes (Santiago de Compostela) participaron esta mañá nun obradoiro sobre economía social organizado por AGACA na SAT Casa Grande de Xanceda.
  • A actividade forma parte da Rede Eusumo, promovida pola Secretaría Xeral de Emprego para impulsar a economía social e o cooperativismo como modelo de negocio de éxito.

20180405_eusumo_Monte_Postes_Xanceda-wbSantiago de Compostela, xoves 5 de abril de 2018. –  A SAT Casa Grande de Xanceda recibiu esta mañá a un grupo de escolares de 4º de Primaria do colexio compostelán Monte dos Postes. Participaron no obradoiro “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, da Rede Eusumo, para aprender as características do cooperativismo como modelo de negocio con posibilidades de manterse con éxito no medio rural, en calquera rama produtiva ou de servizos.

Técnicos de Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) imparten a formación, que destaca como valores positivos nas cooperativas a toma democrática de decisións, a distribución equitativa de beneficios ou a diminución de riscos asociados ao emprendemento.

Como exemplo de entidade que opera con éxito dentro do modelo da economía social, os estudantes visitaron as instalacións da Casa Grande e Xanceda, unha sociedade agraria de transformación que conta cunha das maiores granxas de produción ecolóxica con fábrica de produtos lácteos en Galicia.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

Agaca
Por Agaca Abril 5, 2018 14:26
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*