Escolares de Vilalba aprenden cooperativismo con AGACA e Casa Grande de Xanceda

Agaca
Por Agaca Abril 9, 2018 14:45

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Corenta estudantes do CEIP Manuel Mato Vizoso participaron esta mañá nun obradoiro sobre economía social organizado por AGACA na SAT Casa Grande de Xanceda.
  • A actividade forma parte da Rede Eusumo.

20180409_eusumo_Manuel_Mato_Xanceda-wb A SAT Casa Grande de Xanceda recibiu esta mañá a 38 de escolares de 6º de Primaria do colexio compostelán Monte dos Postes. Participaron no obradoiro “Divulgación do emprendemento e de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, da Rede Eusumo, para aprender as características do cooperativismo como opción de negocio que pode prosperar no medio rural.

Técnicos de Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) imparten a formación, que destaca como valores positivos nas cooperativas a toma democrática de decisións, a distribución equitativa de beneficios ou a diminución de riscos asociados ao emprendemento.

Como exemplo de entidade que opera con éxito dentro do modelo da economía social, os estudantes visitaron as instalacións da Casa Grande e Xanceda, unha sociedade agraria de transformación que conta cunha das maiores granxas de produción ecolóxica con fábrica de produtos lácteos en Galicia.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

09/04/2018

Agaca
Por Agaca Abril 9, 2018 14:45
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*