Escolares de Ourense aprenderon nutrición saudable con “Almorz@ con Beizos Brancos”

Agaca
Por Agaca Decembro 5, 2017 13:04

ACTIVIDADES

Decembro 2017

REVISTA AGACA

  • 135 portada

    Coooperación Galega nº 135 Outubro 2017

    Editorial. Lumes, agro e cooperativas agroalimentarias
    A fondo. LACES, entidades galegas e portuguesas impulsarán a competitividade das empresas de economía social
    Caderno Técnico. A evolución da mecanización en Galicia. Unha visión a través da análise de custos operativos

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Estudantes de primaria do colexio ourensán Mariñamansa participaron hoxe no programa “Almorz@ con Beizos Brancos”.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” organizaron a actividade, onde o alumnado aprendeu sobre como almorzar saudablemente e sobre o sector lácteo e tomou un almorzo.

20171205-Almorzos_beizos_Marinamansa_OurenseUn grupo de escolares de segundo ciclo de Primaria do CEIP Mariñamansa (Ourense) participou esta mañá en “Almorz@ con Beizos Brancos”, para aprender sobre alimentación sa.

A nutricionista María Fernández explicou la necesidade de almorzar diariamente de forma nutritiva e suxeriu froitas de tempada, lácteos e algún hidrato de carbono. Desaconsellou os produtos industriais con exceso de graxas e azúcres que non achegan beneficios á saúde.

Como exemplo, os escolares tomaron leite enteiro, pan galego con aceite e mandarinas.

Para facilitar a implantación do hábito do almorzo san nos fogares entregouse material divulgativo cos valores nutricionais de varios alimentos e algunhas combinaciós sas e fáciles de preparar.

Ademais, nun xogo en grupo, nenos e nenas colorearon e ordenaron fichas cos diferentes pasos que segue o leche dende a granxa ata que está lista para o seu consumo. Deste modo, aproveitouse para pór en valor a importancia socioeconómica do sector lácteo.

Compromiso social

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” organizan “Almorz@ con Beizos Brancos” dende 2015. En total, repartíronse xa máis de 1800 almorzos.

Forma parte dun “Plan de acciones socais en favor de infancia, xuventude, muller e maiores 2017-2018”.

05/12/2017

 

 

Agaca
Por Agaca Decembro 5, 2017 13:04
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*