Escolares de Lugo aprenden cooperativismo en Casa Grande de Xanceda

Agaca
Por Agaca Xuño 5, 2017 14:56

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Trinta estudantes do CEIP Paradai (Lugo) participaron esta mañá nun obradoiro sobre economía social organizado por AGACA na SAT Casa Grande de Xanceda.
  • A actividade forma parte da Rede Eusumo, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a economía social e o cooperativismo como modelo de negocio de éxito.

20170605_eusumo-ceip_paradai-xanceda

A SAT Casa Grande de Xanceda recibiu esta mañá a un grupo de escolares de 3º de Primaria do colexio lucense Paradai. Participarn no obradoiro “Emprendemento e cooperativas. Modelo de éxito” da Rede Eusumo, para aprender as características do cooperativismo como modelo de negocio con posibilidades de manterse con éxito no medio rural, en calquera rama produtiva ou de servizos.

Técnicos de Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) imparten a formación, que destaca como valores positivos nas cooperativas a toma democrática de decisións, a distribución equitativa de beneficios ou a diminución de riscos asociados ao emprendemento.

Como exemplo de entidade que opera con éxito dentro do modelo da economía social, os estudantes visitaron as instalacións da Casa Grande e Xanceda, unha sociedade agraria de transformación que conta cunha das maiores granxas de produción ecolóxica con fábrica de produtos lácteos en Galicia.

Rede Eusumo

Asesoramento, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal son outras áreas de actividade que definen a rede de colaboración Eusumo, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Agaca
Por Agaca Xuño 5, 2017 14:56
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*