Encontro sobre “Aplicación da Enerxía Xeotérmica en vivenda, explotación e industria” o 16 de maio en Santiago

Agaca
Por Agaca Maio 8, 2019 11:18

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Este “Economía Social Meeting” do Foro pola Economía Social Galega producirase na sede de AGACA en Santiago de Compostela ( rúa de Tomiño, 22 entresollado), de 11:30 a 13:30 h. É gratuíto.
  • A inscrición pódese realizar chamando ao 981 58 47 83 antes do 15 de maio.

O investimento en enerxías renovables está a converterse nunha prioridade estratéxica para as empresas, para as explotacións e para as familias. Aínda que as enerxías renovables máis coñecidas son a fotovoltaica, a eólica e a hidráulica, as aplicacións, rendemento e prazos de amortización da enerxía xeotérmica non o son tanto. Así pois, o encontro mostrará vantaxes deste tipo de enerxía, ademais de liñas de axuda pública existentes para investir enerxías renovables.

Programa:

11:30 h.– Recepción e entrega de documentación.

11:45 h. – Presentación das axudas do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) en vigor dirixidas a investimento en enerxías renovables.

12:00 h. – Presentación do Clúster da Xeotermia de Galicia ( Acluxega): aplicación práctica da enerxía xeotérmica e os seus rendementos en vivendas unifamiliares, explotacións agrarias e gandeiras e en pequenas empresas.

13:30 h. – Peche do encontro.

No encontro participarán o presidente e a directora de Acluxega, Manuel López e Belén Sío, ademais de Eusebio Vázquez, profesor no máster en Enerxía e Sustentabilidade da Universidade de Vigo

Rede Eusumo

La jornada se realiza con la colaboración de Rede Eusumo. Rede Eusumo es una red de colaboración impulsada por la Secretaría Xeral de Emprego de la Xunta de Galicia para el fomento del cooperativismo y la economía social que cuenta con financiación del Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social.

08/05/2019

Agaca
Por Agaca Maio 8, 2019 11:18
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*