Eidosela acolle unha reunión sobre seguridade e solucións tenolóxicas en Industria 4.0

Agaca
Por Agaca Novembro 8, 2018 13:10

ACTIVIDADES

Novembro 2018

REVISTA AGACA

  • !·9 Cooperación Galega

    Cooperación Galega Nº 139 Agosto 2018

    Editorial- A reforma da Política Agraria Común
    A Fondo- CEPES. Mellorar o agro formando á xuventude
    Caderno Técnico- Recomendacións para cumprir coa Condicionalidade en medioambiente, cambio climático e boas condicións agrícolas da terra

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A iniciativa reúne profesionais de varias adegas e trata sobre ciberseguridade e dixitalización de procesos e xestións en viñedos e adegas.
  • O proxecto, solicitado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), foi aprobado polo IGAPE.

20181108_Industria_4-0_Eidosela_IGAPE-wbProfesionais da viticultura e representantes de adegas cooperativas, xunto con representantes de AGACA, participaron esta mañá en Bodegas Eidosela (Arbo) nunha reunión de traballo dentro marco dun ciclo de obradoiros ligados á Industria 4.0, organizados por AGACA con financiamento do IGAPE, Xunta de Galicia e FEDER.

A reunión comezou cunha visión global dos riscos de información para a decisión en adegas, da man de Elige Plus Consultores.

A continuación, Débora Franco e David Rey, de Monet Viticultura (empresa galega de tecnoloxías asociadas ao viñedo), presentaron solucións, sistemas e tecnoloxías aplicables á xestión de viñas.

En canto a ciberseguridade, afondou no tema Alejandro Alonso Rodríguez, de Inprosec, unha empresa galega especializada en seguridade informática e protección de datos.

Esta é a terceira reunión do ciclo Industrias 4.0, tras as acontecidas en Viña Costeira e Martín Códax. Os próximos pasos, segundo se presentou na reunión, encamiñaranse a un posible proxecto común para a valoración de tecnoloxías e sistemas de interese para profesionais da viticultura.

08/11/2018

Agaca
Por Agaca Novembro 8, 2018 13:10
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*