EFA Fonteboa inaugura o novo ciclo de Rede Eusumo de difusión do cooperativismo entre estudantes

Agaca
Por Agaca Marzo 21, 2018 15:15
  • Dairylac recibiu esta mañá ao alumnado da EFA Fonteboa (Coristanco) que participou nunha charla divulgativa.
  • Os 55 estudantes coñeceron en que consiste o cooperativismo e visitaron as instalacións da industria láctea en Melide.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o Fomento do Cooperativismo e a Economía Social.

20180321_fonteboa_dairylac-wbPor primeira vez este curso celébrase unha das actividades de Rede Eusumo e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) para estudantes.

O obxectivo destas iniciativas de “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito”, é darlles a coñecer este modelo de negocio a mozos e mozas, para que o teñan en consideración ao finalizar os seus estudos. O curso pasado participaron 980 estudantes en 28 actividades.

Esta mañá, 55 estudantes de segundo ciclo de secundaria do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa (Coristanco) coñeceron de primeira man Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo.

Persoal da entidade explicoulles como se organiza a loxística na fábrica, algúns conceptos e estratexias de márketing e, ademais, puidéronse probar mostras dos diferentes queixos e leites que se procesan en Dairylac.

Rede Eusumo
wb_logo_rede_eusumoEsta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

21/03/2018

Agaca
Por Agaca Marzo 21, 2018 15:15
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*