Doce chefs procedentes de Asia, Amércia e Europa visitan Pazo Baión

Agaca
Por Agaca Xullo 4, 2016 10:31

Doce chefs procedentes de Asia, Amércia e Europa visitan Pazo Baión

COMUNICADO DE PRENSA: Condes de Albarei

  • A adega Pazo Baión forma parte do prestixioso programa internacional de Formación en Gastronomía Española do ICEX onde os novos chefs coñecerán máis de preto a gastronomía e cultura do noso país.
  • Alemaña, China, Irlanda, México, Singapura, Corea do Sur, Suecia, Estados Unidos e Polonia son os países de orixe dos 12 chefs que esta mañá han visita a adega Pazo Baión.

O internacional grupo estaba formado por Jin Shi e Leung Sau Ting, Maximiliam F.Weber, Patrick Brady, Daniel García Navarro, Nayab Aziz Siddiqui, Yunseon Jang e Dain Jung, Fredrika Äströ, Kayla Von MIchalofski e Kevin Buide e Herashchanka Dzianis, que durante o próximos seis meses formarán parte do prestixioso programa de Formación en Gastronomía Española 2016 do ICEX, no que participan para ampliar os seus coñecementos sobre a gastronomía e cultura española, e onde completarán a súa formación traballando en restaurantes de primeiro nivel do noso país.

A adega Pazo Baión foi seleccionada por segundo ano consecutivo para formar parte deste importante programa de formación, protagonizando a xornada dos chefs en Rías Baixas. Ao seu paso por Pazo Baión, os doce novos chefs puideron gozar dunha agradable xornada na leira, admirando a gran beleza paisaxística e arquitectónica da mesma. O grupo mostrou unha especial curiosidade polo proceso de elaboración do exclusivo albariño Pazo Baión do que destacaron a súa excelente calidade marcada polo seu gran tipicidad unha vez que o cataron.

De igual maneira, na súa visita á adega Pazo Baión, o internacional grupo puido degustar os albariños da bodega Condes de Albarei, propietaria do Pazo Baión.

Agaca
Por Agaca Xullo 4, 2016 10:31
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*