Departamento de Cooperativismo Produtivo


TÉCNICOS


Carlos Ares Fernández
Licenciado en CC. Empresariais
Responsable Apoio aos servizos e cooperativas de maquinaria
Responsable Apoio á agricultura de grupo
Responsable Apoio aos servizos de substitución e xestión de explotacións
Telefono 981 584 783
Fax 981 558 275
e-mail cares@agaca.coop



OBXECTIVOS


Dende este departamento traballamos para impulsar o desenvolvemento e a competitividade das cooperativas gandeiras en áreas innovadoras, captando as melloras e asesorándoas na xestión relacionada coa prestación de servizos aos socios.

Tratamos de orientar e informar aos cooperativistas das opcións e novidades máis favorables e vantaxosas nos distintos servizos que as cooperativas aplican directamente aos seus socios como poden ser maquinaria, servizos de substitución ou asesorías de explotación, por exemplo.

 

SERVIZOS


Promover, fomentar e xestionar a constitución de cooperativas, SATs e sociedades para a agricultura de grupo.

Promover e fomentar a intercooperación e a fusión de cooperativas, coop. de 2º.

Facer proselitismo cooperativo en grupos de agricultoresgandeiros.

Detectar necesidades estratéxicas xerais das cooperativas e SATs de Galicia.

 

 


(c) 2007, AGACA - Asociación de Cooperativas Agrarias de Galicia :: Aviso legal


AVAforum.com