Delagro, preto dos 200 millóns de euros en vendas en 2019

Agaca
Por Agaca Xullo 13, 2020 11:23
  • A cooperativa de segundo grao DELAGRO S. Coop. A. organizou o 8 de xullo a súa Asemblea xeral, na que se aprobaron por unanimidade todos os puntos do día.
  • Os resultados de 2019 mostran un crecemento de 2,77 millóns de euros en vendas con respecto a 2018.

O 8 de xullo celebrouse a Asemblea xeral da cooperativa de segundo grao Delagro, durante a que se constatou un incremento de 2,77 millóns de euros en vendas con respecto ao ano anterior, alcanzando así os 199.168.676 € en 2019, a pesar do descenso en prezos de combustibles, materias primas e fertilizantes. “Tivemos excedentes na conta de explotación superiores ao orzamentado. Este volume de negocio conseguiuse a pesar das condicións adversas do outono de 2019. ”, indicou Carlos Castro, director xeral de Delagro, acerca das cifras.

Destaca en canto a vendas el ERP (enterprise resource planning) DelagrOS, unha ferramenta de xestión de datos especializada para empresas e industrias agroalimentarias, que se implantou non só entre cooperativas asociadas a Delagro senón noutras entidades como Kaiku (País Vasco) ou SUCA (Andalucía).

En 2019 culminou el Plan Estratéxico 2017-2019 de Delagro, con gran parte dos fitos conseguidos, entre eles, un crecemento relevante en canto a acordos intercooperativos e a vendas a terceiros e unha cifra récord de inversión en formación tanto para cadro de persoal como para as cooperativas socias.

Por outra banda, Delagro logrou manter e ampliar o seu listado de provedores nacionais e internacionais e traballou na introdución de melloras en procesos e infraestruturas na planta de produción de fertilizantes en As Pontes de García Rodríguez.

Todos os puntos do día foron aprobados por unanimidade durante la Asemblea, que se celebrou seguindo os protocolos de seguridade ante a COVID-19, en sintonía co esforzo que vén realizando a cooperativa dende o inicio da crisis: “A vocación pola dixitalización e as ferramentas das que dispón Delagro permitiron ofrecer o mesmo servizo funcionando con teletraballo, pese a que o proceso se fixo con urxencia debido ás circunstancias, grazas á profesionalidade do departamento TIC e á versatilidade do ERP DelagrOS”, declarou Castro.

Aínda que tivo que ser posposta pola situación sanitaria, a Asemblea estaba prevista para unha data anterior, polo cal o peche anual estaba realizado a comezos de ano e a auditoría de contas, a cargo de KPMG, tamén se finalizou para poder presentar resultados en tempo e forma aos socios.

Na actualidade, Delagro desenvolveu e aprobou o Plan Estratéxico 2020-2021 e, ademais, co fin de aliñar criterios e axustarse ás demandas do sector, continúa potenciando mesas de traballo con persoal técnico e cos aparatos comerciais.

Delagro S. Coop. A.

Delagro S. Coop. A. (membro de Cooperativas Agro-alimentarias de España) é unha cooperativa de segundo grao do sector agrícola e gandeiro (lácteo principalmente), que xorde hai xa preto de 25 anos co obxectivo de converterse no mellor exemplo de integración cooperativa.

Hoxe integra a 23 socios (37 cooperativas) de Asturias, Cantabria e Galicia e colabora con cooperativas de compoñente lácteo de Euskadi, Castilla -León e Portugal converténdose nunha das máis importantes centrais de compras e distribución do norte de España.

13/07/2020

Agaca
Por Agaca Xullo 13, 2020 11:23
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*