Delagro participa nun ciclo de Xornadas organizado por Kaiku e Iparlat

Agaca
Por Agaca Abril 15, 2016 15:21

ACTIVIDADES

Setembro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Delagro participa nun ciclo de Xornadas organizado por Kaiku e Iparlat

  • As Xornadas Técnicas de Ensilado, celebradas os días 13 e 14 de abril en Euskadi e Navarra enmárcanse no Proxecto SUMA (Servicio Unificado de Mellora Alimentaria).
  • O ciclo orientouse principalmente a persoal técnico dedicado á xestión de silos de alimentación animal.

Delagro, Kaiku e Iparlat desenvolveron esta semana catro xornadas técnicas en Euskadi (o día 13, en Karrantza e Ayala; o día 14, en Urnieta) e Navarra (en Pamplona, o día 14) onde se presentaron os resultados do Programa SUMA para o impulso da sustentabilidade das ganderías, ademais de profundar en cuestións relacionadas co ensilado.

En total, unhas sesenta persoas tomaron parte no Ciclo, onde se manifestou un especial interese do público polas diferentes modalidades de plásticos de ensilado. Javier Caneda, experto en plásticos e fertilizantes de Delagro, conduciu estas charlas, que tamén abordaron as boas prácticas no manexo de silos, métodos de conservación e modos de tratar coas micotoxinas.

No que respecta ao programa SUMA, Rodrigo Sánchez, coordinador Iparlat SUMA, explicou que ten por obxectivo conxugar e canalizar todas as accións de Iparlat e Kaiku Cooperativa encamiñadas á sustentabilidade do gandeiro como elo crave da cadea de valor.

SUMA púxose en marcha en abril de 2015, partindo de 10 explotacións que representan os diferentes segmentos e modelos da cooperativa gandeira Kaiku. Neste grupo piloto de granxas realizouse un diagnóstico co fin de obter a radiografía de cada granxa, deseñouse un Plan de Mellora e mediuse durante este ano o impacto das melloras realizadas. Mikel Eizagirre, coordinador de Calidad del Productor Iparlat SUMA, presentou os resultados obtidos do piloto, cos que se sentan as bases do modelo SUMA, que iniciará en maio a súa fase de expansión ata o resto de explotacións de Kaiku.

Este ciclo de Xornadas Técnicas de Ensilado súmase a outras accións formativas emprendidas con carácter trimestral no marco do Proxecto SUMA, como foron as Xornadas Técnicas sobre Benestar Animal, no mes de xullo, e as referidas a Mamite, en febreiro.

Delagro S. Coop. proporciona servizos e insumos agrarios as máis de 27.000 familias ás que agrupa en Asturias, Cantabria e Galicia, onde conta cunha das maiores fábricas de fertilizantes do noroeste peninsular.

Agaca
Por Agaca Abril 15, 2016 15:21
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*