Delagro e Yara presentan o primeiro fertilizante nitroxenado con selenio

Agaca
Por Agaca Xaneiro 10, 2019 10:54

ACTIVIDADES

Xullo 2019

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

NOTA DE PRENSA: Delagro

  • A cooperativa DELAGRO e a multinacional norueguesa  Yara presentaron  o martes en España  Nitrograss Se, o primeiro fertilizante  nitrogenado que inclúe o  micronutriente 
  • Medio centenar de profesionais do sector agrogandeiro asistiron ao acto no Complexo Industrial de Delagro nas Pontes (A Coruña).

20190108_delagro-presenta_fertilizante-selenio-yaraA cooperativa de segundo grao Delagro e a multinacional norueguesa  Yara presentaron o martes en España Nitrograss Se, o primeiro fertilizante  nitroxenado que inclúe  selenio, un  micronutriente que resulta clave para a saúde do gando e tamén para a saúde humana. A presentación realizouse no Complexo Industrial de  Delagro nas Pontes (A Coruña), ante uns 50 técnicos de cooperativas de Galicia, Asturias e Cantabria.

Delagro distribuirá en exclusiva no norte de España este innovador fertilizante que, ademais de nitróxeno -tanto  nítrico como  amoniacal- e outros nutrientes, incorpora  selenio en forma de  selenato, máis facilmente  asimilable e eficiente para as plantas.

Supón un proceso natural que encadea nutrición vexetal con nutrición animal e termina en nutrición humana.

Desde a dirección comercial de  Delagro preténdese promover este novo concepto de nutrición que converte aos pastos da cornixa cantábrica en alimentos funcionais para o gando: “Este concepto xa é habitual en alimentación humana, afeita a alimentos funcionais, pero aínda non calou na nutrición animal”.

Delagro, nun proxecto común con Yara, trata así anticiparse, innovar e contribuír de maneira notable ao benestar animal e ás boas prácticas gandeiras ante un mercado de consumidores máis sensible a estes temas.

Na presentación de Nitrograss Se, Luís Ángel López, director agronómico de Yara  Iberian, destacou: “Este produto innovador, que xa estamos a comercializar nos países do norte de Europa, permite que as forraxes, fundamentalmente a herba e os pastos, incorporen de forma natural este microelemento e que a vaca o inxira tamén de forma natural, reducindo o uso de suplementos químicos e mellorando así a sustentabilidade ambiental da actividade gandeira”.

Ademais, López lembrou que “do mesmo xeito que para a saúde humana, o  selenio é clave para a saúde do gando, como vacas leiteiras e ovellas, xa que ao frear os radicais libres do organismo prevén problemas como a retención de  placenta,  mastitis e a enfermidade do músculo branco en tenreiros”.

Delagro contempla estender esta filosofía nutricional a todas as súas cooperativas socias e ser unha vez máis referente no sector produtor leiteiro de España.

Delagro S. Coop.

Delagro (membro de Cooperativas  Agro-alimentarias de España) é unha cooperativa de segundo grao do sector agrícola e gandeiro (lácteo principalmente), que xurdiu hai máis de 23 anos co obxectivo de converterse no mellor exemplo de integración cooperativa.

Hoxe, cunha facturación próxima aos 200  M€ integra a 26 cooperativas de Galicia, Asturias e Cantabria. Ademais colabora con cooperativas de compoñente lácteo de Euskadi, Castela e León e Portugal. Converteuse, desta maneira, nunha das máis importantes centrais de compras e distribución do norte de España.

Yara

Yara, compañía de fertilizantes norueguesa fundada en 1905, ten unha presenza global con máis de 12.000 empregados e vendas en máis de 150 países.

 

10/01/2019

Agaca
Por Agaca Xaneiro 10, 2019 10:54
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*