Dairylac e AGACA forman en cooperativismo a estudantes de Bacharelato

Agaca
Por Agaca Abril 13, 2018 14:46

ACTIVIDADES

Abril 2018

REVISTA AGACA

  • portada

    Cooperación Galega Nº 137 Marzo 2018

    Editorial- O Plan forestal de Galicia a debate
    A Fondo- Cooperativas galegas apostan polas gasolineiras automáticas
    Caderno Técnico- Escolma do borrador da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Dairylac recibiu esta mañá a 30 estudantes do instituto compostelán Pontepedriña.
  • Os estudantes coñeceron en que consiste o cooperativismo e visitaron as instalacións da industria láctea en Melide.
  • A actividade é parte da Rede Eusumo para o fomento do Cooperativismo e a Economía Social

20180413_eusumo_pontepedrina-Dairylac

Técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) impartiron esta mañá nas instalación de Dairylac (Melide) un obradoiro de divulgación de la economía social como opción de futuro profesional rendible e estable. Particiou unha trintena de estudantes de primeiro de Bacharelato do instituto compostelán Pontepedriña.

Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios e a diminución dos riscos de emprendemento.

Ademais, persoal de Dairylac, un proxecto empresarial liderado por cooperativas e dedicado ao sector lácteo, explicoulles como se organiza a loxística na fábrica e algúns conceptos e estratexias de márketing. Finalmente, os estudantes probaron mostras dos diferentes tipos de queixo e leite que se procesan en Dairylac.

Rede Eusumo

 Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

13/04/2018

Agaca
Por Agaca Abril 13, 2018 14:46
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*