Curso gratuíto “Incorporación á empresa agraria, orientación de vacún de leite”, dende o 17 de xuño en Friol

Agaca
Por Agaca Marzo 14, 2019 14:03

AGACA e CEPES desenvolven o proxecto “Incorporación de xuventude emprendedora á economía social e consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia”, un paquete formativo que consta de: “Incorporación á empresa agraria, orientación de vacún de leite” e “Aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios”.

O 17 de xuño comezará comezará en Friol (Lugo) un dos cursos de “Incorporación á empresa agraria, orientación de vacún de leite”. Consta de 250 horas lectivas de formación presencial, gratuíta, que tratarán:

  • A empresa agraria e as súa xestión técnico-económica
  • Asociacionismo, comercialización e trazabilidade
  • Relacións laborais e prevención de riscos laborais
  • Sensibilización medioambiental
  • Agrotecnoloxía
  • Produción de forraxes e alimentación de gando
  • Produción de leite e manexo do gando

O alumnado que remate esta formación con éxito continuará ao curso “Aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios”, de 25 horas lectivas de formación presencial.

Para máis información e inscrición, poden chamar ao 981 58 47 83 / 982 20 15 14.

A iniciativa desenvolvése no marco da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) e está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e AGACA.

A finalidade do proxecto é conseguir que os participantes no mesmo acaden a formación mínima imprescindible para incorporarse á actividade de produción de leite de vacún de maneira profesional e que se incorporen á actividade ao finalizar a formación e á cooperativa gandeira que opere dentro do seu ámbito xeográfico.

INCOR-CONSO-BIG-cepes

14/03/2019

Agaca
Por Agaca Marzo 14, 2019 14:03
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*