Coreber destina parte dos seus Fondos de Formación a actividades solidarias na comarca de Bergantiños

Agaca
Por Agaca Maio 20, 2020 10:57
  • Entregará 2.000€ ao IES Monte Neme de Carballo e 6.000€ máis aos Servizos Sociais de Laracha, Carballo e Ponteceso.
  • A cooperativa valora especialmente a iniciativa solidaria do centro educativo fabricando máscaras de protección, e quere reforzar os recursos para os colectivos con menos recursos con doazóns aos Servizos Sociais dos concellos da zona.

coreberA cooperativa de Bergantiños repartirá esta semana 8.000 euros do seu Fondo de Formación e Promoción Cooperativa entre o IES Monte Neme de Carballo e os centros sociais de Laracha, Carballo e Ponteceso.

A través desta iniciativa, Coreber quere premiar a sensibilidade demostrada polo alumnado e profesorado do centro educativo carballés, que fabricou pantallas protectoras contra a COVID-19 servíndose dos equipos de impresión en 3D dispoñibles no Instituto, dun xeito voluntario e altruísta para repartir entre os profesionais da zona máis expostos ao virus.

Por outra banda, o Consello Reitor, en representación da masa social da entidade decidiu colaborar con 6.000 euros, repartidos a partes iguais, entre os Servizos Sociais da comarca de Bergantiños (Laracha, Carballo e Ponteceso) co obxecto de contribuír á protección dos segmentos máis desfavorecidos da sociedade.

Dende o 22 de abril, a normativa, en forma de Real Decreto, permite destinar este Fondo a actividades que “axuden a frear a crise sanitaria da COVID-19 ou a paliar os seus efectos, mediante accións propias ou a través de doazóns”.

19/05/2020

Agaca
Por Agaca Maio 20, 2020 10:57
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*