Cooperativas de Galicia, Castilla-La Mancha, Extremadura, País Vasco, Portugal e Francia reúnense na AgroSemana 2018 en Portugal

Agaca
Por Agaca Setembro 6, 2018 13:16

Cooperativas de Galicia, Castilla-La Mancha, Extremadura, País Vasco, Portugal e Francia reúnense na AgroSemana 2018 en Portugal

  • O proxecto AGROSMARTcoop reuniu a cooperativas destas rexións no Foro Transnacional de Innovación e Competitividade, onde as galegas CLUN e Horsal participaron para dar a coñecer o seu modelo de negocio

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) viaxou á AgroSemana 2018 en Portugal como parte das entidades integrantes de AGROSMARTcoop, un proxecto europeo que lidera, cuxo obxectivo é potenciar a integración, a competitividade e o crecimento económico intelixente das cooperativas do Espazo SUDOE (Castilla-La Mancha, Galicia, País Vasco, Extremadura, Francia e Portugal).

Este encontro se realizouse expresamente dentro do marco da AgroSemana 2018 de Portugal, xa que un dos obxectivos do mesmo foi poñer en común os traballos realizados ata a actualidade en materia de innovación e competitividade nas cooperativas.

Cooperativas galegas en Portugal
Ao longo deste Foro realizáronse actividades transversais, visitas técnicas a cooperativas vitivinícolas da zona do Douro e ao “Centro de Excelencia da Viña e o Viño”, ademais dunha viaxe en barco ao río Douro, comentado por un enólogo que explicou as características tan especiais da viticultura desta zona de Portugal.

Ademais levouse a cabo la séptima Reunión Transnacional de Coordinación do Proxecto AGROSMARTcoop, con varias finalidades: favorecer a innovación tecnolóxica para optimizar o potencial de crecemento e valor engadido,  apoiar a comercialización intelixente dos produtos e impulsar a asociación do tecido cooperativo agroalimentario e a creación de alianzas e proxectos estratéxicos.

Ao día seguente, na xornada de “Apertura oficial de AGROSMARTcoop”, avaliáronse as oportunidades das cooperativas no espazo SUDOE. Por parte de Galicia,  interviñeron dúas cooperativas:  José Luis Antuña, director xeral de  CLUN, na Mesa redonda dedicada a Retos e oportunidades do sector lácteo, quen explicou o seu modelo de negocio e a situación dese mercado en Galicia. Na Mesa redonda sobre Retos e Oportunidades do sector de froitas e hortalizas, pola súa parte, participou Fernando Veiga, xerente de Horsal.

Outras cooperativas galegas que acudiron á cita foron Coren, especializada no mercado cárnico, Condes de Albarei, bodega da Denominación de Orixen Rías Baixas, e Aira, especializada na fabricación de pensos e na prestación de servizos e comercialización de subministracións agrícolas, ademais de contar con área dedicada ao sector lácteo.

logoagrosmartsudoe-def-corProxecto AGROSMARTcoop
AGROSMARTcoop é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa InterregSudoe 2014- 2020 dentro do eixe prioritario de fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes do Sudoeste europeo, cuxo obxectivo principal é crear un espazo de promoción, interconexión e interacción intelixente, dotando de estruturas, dferramentas e servizos avanzados de apoio ás cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE para mellorar na innovación tecnolóxica, de xestión e de comercialización a través do fomento do coñecemento, as boas prácticas e a intercooperación.

O procecto está cofinanciado, nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Durante dous anos, ata o 31 de decembro de 2018, oito entidades beneficiarias de seis rexións europeas dedicarán esforzos a precisar sinerxías e potencialidades.O consorcio internacional está conformado por Cooperativas Agro­alimentarias Castilla-La Mancha, CACLM; Federación de Cooperativas Agro­ Alimentarias de Euskadi, FCAE; Centro de Investigaciones Científicas y Tecnológicas de Extremadura, CICYTEX-Junta de Extremadura; Association des Régions Européennes des Produits d’Origine, AREPO (Francia); Coop de France Aquitaine, CDF (Francia); União Cooperativa Polivalente da Região Norte, UniNorte (Portugal); Universidad de Trás-os­-Montes e Alto Douro, UTAD (Portugal) y AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias), encargada de liderar o proxecto. Porén, a esta reunión tamén asisten, como participantes invitados, representantes de diversas cooperativas que poden verse beneficiadas polo proxecto.

05/09/2018

Agaca
Por Agaca Setembro 6, 2018 13:16
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*